Amosando publicacións coa etiqueta Pireneos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pireneos. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de xullo de 2026

Bujaruelo. Pared de la Colmena: Kumité de expertos

Novamente diante dun ordenador, como se do pelotón de fusilamento se tratase, lembraremos aquelas mañás frescas de verán infernal onde parecería que alguén nos levara a coñecer o xeo. Si, o mesmo xeo que vai escaseando cada inverno e que os nosos descendentes albiscarán como unha realidade máxica de historias de mundos en nacemento e/ou descomposición, como un leito de ovos prehistóricos extendido ao longo dun río de augas diáfanas. Na parede da Colmena hai realismo e hai maxía para gozar de boas historias.

Esta vez tócalle a Kumité de expertos, edificada por Edu e colegas, e con bos piares. A ruta é boa, con algún longo antolóxico e algún outro de ler ben lido ou pinchazo de neumático asegurado. A parede está bastante limpa, segundo acostuman estas vías, pero con excelentes posibilidades de protección en fendas e diedros. Para nós o mellor foi o L4 e o que se nos resistiu bastante foi o inicio do L5. A vía é altamente recomendable, unhas fotos.
 
O segundo longo ten a súa maior dificuldade no inicio do diedro desplomado (7a) para min foi un A0 descarado pero, negociando moi ben cos pés, parece humano. Miguel fixolle a foto á corda, he he.

O L3 sobre unhas laxes que parecen resistir (6b), tamén ben bonito.

Miguel no L4 (6c), unha marabilla.

O L5 ten un inicio que parece o que non é, he he (6c)

No último longo... comeza como en travesía por bloques pero remata por un diedro chulo (6a+)


sábado, 11 de xullo de 2026

Bujaruelo. Pared de la Colmena: Los Pisavías

Xuño, primeira onda de calor que percorre Europa facendo que por fin nos entendamos nalgo, a temperatura dos veráns imposibles vai ser o trazo común que nos defina. Despois de visitar o Azquena Rock Festival en Vitoria quedei con Miguel para facer algo de deportiva pola zona, se hai algo que pode matar o Rock&Roll vai ser o capitalismo, aínda así puidemos gozar dalgúns concertos inolvidables como o de Jason Isbell (marabilla) ou os canadianos Bywater Call, talvez sexa o mesmo capitalismo que pode rematar co pracer de ir á montaña! O tempo non permitía trepar sen suar o que non estaba escrito así que decidimos marchar para o Pirineo, a parede da Colmena (ou Apicultores?) parecía un dos lugares onde se podería escalar sen sufrir. Esta parede, á sombra ata as 14:30h, é unha marabilla para o verán. Descubrir e crear estas aventuras é algo que temos que agradecer a Edu e colegas, o valor destas paredes supón un esforzo e unha tenacidade que só está ao alcance dalgúns persoeiros incombustibles. Pola mañá escalar, pola tarde pozas no río e pola noite ben fresquiños para nin nos decatar da onda de calor, un luxo cando media Europa se retorcía de sufrimento nas brasas.

Os Pisavias é unha das fáciles máis non por iso menos interesante. O primeiro día na travesía do L2 confundímonos de reunión e acabamos pola Jumanji, que xa fixeramos, pero non nos demos conta ata que non ollamos para o bosquexo cando xa estabamos baixando, por algo non nos coincidían os graos... pois nada, ao día seguinte volvimos para facela por onde toca... tamén probamos a entrada directa porque vimos algunhas chapas pero Miguel sufriu o seu para chegar á terceira e tivo un susto no que un micro se levou parte da fendiña na que estaba e outro tivo a ben paralo para que o corazón non lle saíse do sitio, en fin... a entrada orixinal é un diedro precioso é pareceunos boa idea repetilo, he he. Bosquexos por internet.
 
Miguel probando a entrada directa aos Pisavías, ou algo interpretou mal ou parecía moi cabrón chegar ao terceiro bolt.
O L1 é ben chulo (6a+)

Miguel no L4 (6a+)

Agora no L5 (6b+)

Este creo que é o inicio do L6 (6b+)


mércores, 19 de novembro de 2025

Montañesa noreste: Una cervesa més...

Penso en rocha e lembro días pasados e, ás veces, pérdome por estes barrios. Talvez me reconforta pensar en vías e montañas, ou pode que me leve a inercia dos proxectos inacabados, aqueles que tomamos prestados á vída para voar un pouco e salvarnos da estupided humana. Uns días doutro verán inflamado pola Montañesa, con Victor. En Aínsa e a contorna as ordas humanas estendíanse ata rematar as estradas e encher as terrazas dos bares, na Montañesa posiblemente se contasesen cos dedos das máns as persoas que chegaban ao cumio, escalando só algúns despistaos que buscabamos a sombra. O normal, nós tamén imos aos bares, sempre Una cervexa més !

Outra boa vía de Albert Salvadó nun escenario precioso e moi propicio para o verán, de feito mellor levade unha manga, principalmente se sopla un pouco, aínda que saiades da Collada asfisiados de calor. A vía gustoume moito en xeral, con dous longos que merecen un recoñecemento, o L2 e L4 distínguense pola beleza do trazado, pola rocha e polo xeito de afrontalos. Una cervesa més podería ser unha clásica da norte da Montañesa, déixase facer pero hai que escalar e xogar co material, aberta con criterio e mestría para que se manteña viva, tal e como nos teñén acostumados os autores. Bosquexo excelente de Albert. Poucas fotos, todas de Victor.
 
No L2, unha placa perfecta da paso a unha fenda perfecta onde protexer de xeito perfecto, 6c. Beleza.

Detalle da rocha nesa mesma tirada.
Foto preciosa que me fai Victor no L4, saes encendido, chapas algún bolt e... cólgaste, he he. Longo brillante, duro en libre pero que se protexe como queiras, 6b/A1 para min pero vese moi posible, resistencia e autoprotección, brutal! en libre 7a+/b

 


 

domingo, 7 de setembro de 2025

Val de Ansó. Tozal de Espelunga: URDABURU

A finais de xullo quedei con Manu en Ansó coa idea de facer un par de vías. Época de calor na que felizmente en Zuriza case non había xente, o camping segue pechado e non se pode durmir en autocaravana pola zona, parece que é o método para poder gozar do monte en verán sen ordas de humanos subindo por ferratas ou facendo cola en tirolinas. Como hai bastantes anos tiven que baixarme da cuarta reunión da vía Karmele no Espolon del Italiano, daquela por choiva, fomos repetilo porque me quedaban por facer os mellores longos. Pois parece que me botaron un mal de ollo... outra vez tiven que rapelar da mesma reunión, a R4, esta vez por vento, máis de 60 km/h que na parte superior se convertian en dificil de dixerir. Erro noso que nin miramos o tempo, como en Ansó estabamos asados de calor!!!  

Ao día seguinte aínda daban bastante aire e fomos dar unha pateada para coñecer outras zonas, pouco máis de catro gatos na contorna, nin nas pozas ao pé da estrada había ninguén, sempre gozando. O noso destino era a Urdaburu no Tozal de Espelunga, tíñaa pendente doutras escapadas porque os "mentireiros" dician que era boa, pero nunca se me aliaran os astros para facela. Entramos por Los duendes del valle e en total queda unha vía que realmente merece a pena. Boa rocha e con partes adherentes, pensando que estamos nesa caliza como algo lavada de Ansó, muro espectacular e escalada diversa por placas, fendas, diedros e teitos... salientar a beleza dos longos 5 a 8, aínda que este último é duro en libre. Unha uña ampla, e unha estribeira, para ir cómodo no L5 (ou facer un bloque obrigado en travesía, pareceume duro), o L8 é duro en libre pero bastante equipado, o L6 e L7 son moi bonitos de escalar, hai que apretar neste último pero protéxese a pracer. Como xa baixara 2 veces pola barranca horribilis que hai á esquerda do Espolón del Italiano decidimos rapelar, e non foi mala opción, aínda que ten os seus riscos. Bo bosquexo do Luichy por internet.

Manu saíndo do L2, 6b+.


No L3 hai que buscar o camiño de chapas entre o mar de caliza e a vexetación, 6a.

Coido que chegando á Reu do L4, 6a.

No L5, estaba mirando como facer o paso pero ao final quitei a uña, 6b/A1

Manu visto desde enriba antes de entrar no teito, L5.

O meu compi comezando o bonito L6, 6b.

O final do L6 desde enriba.

Bonita trave e precioso longo este L7, colgueime por nogallán pero apretando sae... 7a+.

Manu iniciando o L8, este si que é fino e duro, pero tamén moi bonito, 6a/A1 (7b)

Manu chegando á R9 (non enlazamos L8 e L9 aínda que se pode), 6b

O noso L10, hai que escalar... 6a+, e aínda queda outro no que tamén hai que aplicarse...








mércores, 28 de setembro de 2022

Torre de Marboré (Norte): S.I.D.A. Vertical + Ravier-Dufourmantelle

O circo de Gavarnie é un dos lugares de montaña máis bonitos e salvaxes que coñezo, escalar neste contorno tanto en inverno coma en verán é un privilexio único. Nunca trepara na norte da Torre de Marboré, a súa situación fai que sintas o precipicio enorme que se abre baixo ti, eses 1000 mts que forman os tres muros do circo, coa gran fervenza surtindo a sobredose de natureza pura. As cores e a beleza que te rodea achegánseche coma un mumurio nunha selva de caliza onde o vento fala de pireneismo en estado puro e as nubes, amigas inseparables, contan contos de xestas alpinas, de grandes escaladadores que navegaron estes mares e descubriron os seus camiños de dimensións descoñecidas e aventuras aladas.

Duas vías imprescindibles e cada unha co seu soffware, dúas belezas pero que hai que acariñar con diferentes tratamentos, finura e sutileza nunha e carácter e oficio na outra. A S.I.D.A. Vertical é a finura, a beleza, unha placa perfecta, practicamente equipada mais con marxes impropios da deportiva pura e dura, porén obriga o xusto para pasar sobre 6b. Friends ata o Nº2 por iso de que o L1 coincide coa Ravier e por meter algún micro entre chapas; bo bosquexo de Albert Salvadó aínda que agora mudou algo o final, os dous ultimos longos fanse nun só e hai reunión ao pé da liña vertical para rematar a vía, vese perfectamente, só hai que seguir as chapas.

A Ravier-Dufourmantelle é outra marabilla, que neste caso hai que tratar con oficio e certo caracter. Se a outra é a bela esta é a besta. Unha clásica aberta en 1956, brutal... Jean Ravier e Claude Dufourmantelle, historia pireneista que te deixa coa boa aberta, hai que escalar moito para saber canta sabiduria, paixon e mentalidade indestructible lle hai que botar para subir por aí a primeira vez. Sen resultar dificil cómpre negociar con rocha menos boa, material emprazado que hai que avaliar e coa obrigatoriedade de 6b/6b+ se facedes en libre o L5. Bosquexo impresionante do Luichy, e déixovos outro do libro de topos do refuxio ao final.

L3 da SIDA, 6c finooooo. Este e o seguinte son os máis difícilies.

Manu continúa apretando no L4, un 6c+ coa saída da reunión ben apretada.

Miguel comezando o L5, 6b, co terceiro muro de Gavarnie por baixo.

No L9, outra beleza, 6c.

Último longo, tamén ben bonito, algo de auga e rocha discreta que hai qeu avaliar

No refu, moi bo rollo, e atopámonos con Maria e uns colegas franceses que ia arranxar L´Enfer des Mickeys

Xogamos na Ravier-Dufourrmantelle, este é o L3 (para nós L2), 6a+

Na R3, visto desde a R4, que é común coa SIDA

Miguel comezando o L4, unha trave de rocha discreta ben chula, V+.

Miguel de novo, agora na bavaresa do L5, 6b+ bastante obrigado.

Foto nese longo que nos fan os colegas, he he

No L6, que había que negociar por esa cheminea, 6a.

Os nosos colegas franceses traballando na L´Enfer des Mickeys

O L7 vai a 60 mts en trave con rocha mediocre, V/V+

Saindo da cheminea interior, curioso longo de espeleo, he he, IV+.

Miguel comezando o diedro do L9, Vº. Ao final hai unha repisa enorme onde atopamos 2 chapas de reunión.

Manu colle a corda para sacarnos do muro, L10 e último por que logo sairíamos pola esquerda (hai un corto muriño do V+ pero estaba moi mollado e era escaqueable, he he.

Regresando ao refu polo paso dos Sarrios, ao fondo a brecha de Roland


O bosquexo que había no libro do refuxio

Uns días fantásticos, un pracer amigos!!


 

martes, 7 de agosto de 2018

Aresta integral do Pico Cristales ao Balaitous

Espectacular e preciosa actividade pirenaica, unha auténtica marabilla cabalgar esta aresta perto das estrelas! Descoñezo a razón pola que non fora antes, talvez porque me tiñan convidado a facer Diablos ou Costerillou... mais cando navegas polos ceos interesa que a travesía sexa unha aventura do tipo de cruzar algún oceano, un gran azul! Levaba todo o mes vixiando as tormentas para subir ao Piri, a primeria estratexia, que é a máis común, era saír do refuxio, facer as arestas e baixar no día (entrando polo Bco. de Respumoso -camiño normal da Brecha Latour- e accedendo á aresta polo oeste, por unha das canais anteriores á forcada do Canino), porén falando con Martin convenceume de que molaba ir durmir ao Balaitous... era a segunda estratexia... deste xeito podíamos entrar polo Bco. de Respumoso e facer a integral da crista do Diablo (podedes ver este acceso e unha descrición da crista no blog de Óscar: guaravertical). Pero como non hai dúas sen tres... todo foi cambiando...

Pois iso, finalmente a plan definitivo mudou completamente e coido que foi o máis axeitado, fomos durmir á cima do Pico Cristales, porque no refu non había sitio (un vivac cinco estrelas, realmente recomendable), fixemos toda a aresta e baixamos pola Gran Diagonal a durmir ao pé do ibón de Arriel Alto, compartindo parte da aresta e este último vivac con Velasco, Marco e o EJAM que andaban por aló como auténticas motos. Finalmente moi ben acompañado con Pablo e Anxo, dous titáns, novos pero con gran proxección alpinística se seguen tan motivados... a mocidade vén apretando!!
O noso foi horario caracol pero cóntovolo máis ou menos para que teñades unha referencia: 
O primerio día xa tivemos algo de rosca... subimos ata o refu en 2h e continuamos ata o Pico Cristales pola rota normal... outras 2:30h e cunha parte final ben dura para as pernas (pero o vivac merece moitísimo a pena). Hai auga a 10mn de destrepe nos neveiros que quedan ao norte.
O segundo día tardamos 10h en chegar ao cumio do Balaitous. Os tempos repartímolos entre 1h que nos levou enlazar o Pico Cristales coa parte da crista do Diablo pola que se soe acceder desde o oeste (destrepando ao norte e cruzando entre a rocha e a rimaia), na crista do Diablo debemos botar unhas 3h, na crista de Enmedio (que é a que une as dúas arestas... da que ninguén fala pero é moi aérea, algo máis rota que as outras e bastante espectacular) botariamos como 2:30h e, finalmente a aresta de Costerillou levaríanos como 3:30h. Desde a cima do Balaitous ata o ibón de Arriel Alto unhas 2h longas de descenso... tensión por se atopabamos neve na baixada (parece que ninguén o tiña nada claro pero finalmente nin gota... o normal nesta época) e uns vivacs caralludos altamente recomendables ao lado do ibón de Arriel!!! Penso que cunha corda de 50 mts, un xogo de totems (micros e friends ata o nº2) e cintas longas teremos suficiente material. Bua... despois deste rollazo déixovos cunhas fotos... tamén podedes ver a descrición do blog de pablovelasco.
Alucinante vivac no cumio do Cristales
Espectacular posta de sol con todo o que tiñamos que cabalgar ao día seguinte!
Anxo e Pablo destrepando do Cristales para buscar a conexión coa crista do Diablo.
Sen crampóns mellor non pisar neve, he he!!
Metidos en faena... por embaixo Marco e o EJAM entrando na aresta!!
Preciosa! Marco perseguíndonos!!
Aérea!
Espectacular!!
Os meus compis gozándoa!!
Cabalgando poloas estrelas...
... e dun rápel a outro!!
Despois da Torre de Costerillou e dunhas trepadas típicas a dificultade decrece!!
No cumio do Balaitous... e na mellor compaña!!!
Descendendo pola Gran Diagonal
Algo máis ca un vivac... case un refuxio!!!
Antes de regresar unha visita rápida a Riglos... Pablo comezando a entrada directa á normal do Puro!
Fotazas de Pablo co angular na cima do Puro!!! Anxo estaba con Manolo na Zulú,  un pracer amigos!!