Amosando publicacións coa etiqueta Aragón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aragón. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de novembro de 2025

Montañesa noreste: Una cervesa més...

Penso en rocha e lembro días pasados e, ás veces, pérdome por estes barrios. Talvez me reconforta pensar en vías e montañas, ou pode que me leve a inercia dos proxectos inacabados, aqueles que tomamos prestados á vída para voar un pouco e salvarnos da estupided humana. Uns días doutro verán inflamado pola Montañesa, con Victor. En Aínsa e a contorna as ordas humanas estendíanse ata rematar as estradas e encher as terrazas dos bares, na Montañesa posiblemente se contasesen cos dedos das máns as persoas que chegaban ao cumio, escalando só algúns despistaos que buscabamos a sombra. O normal, nós tamén imos aos bares, sempre Una cervexa més !

Outra boa vía de Albert Salvadó nun escenario precioso e moi propicio para o verán, de feito mellor levade unha manga, principalmente se sopla un pouco, aínda que saiades da Collada asfisiados de calor. A vía gustoume moito en xeral, con dous longos que merecen un recoñecemento, o L2 e L4 distínguense pola beleza do trazado, pola rocha e polo xeito de afrontalos. Una cervesa més podería ser unha clásica da norte da Montañesa, déixase facer pero hai que escalar e xogar co material, aberta con criterio e mestría para que se manteña viva, tal e como nos teñén acostumados os autores. Bosquexo excelente de Albert. Poucas fotos, todas de Victor.
 
No L2, unha placa perfecta da paso a unha fenda perfecta onde protexer de xeito perfecto, 6c. Beleza.

Detalle da rocha nesa mesma tirada.
Foto preciosa que me fai Victor no L4, saes encendido, chapas algún bolt e... cólgaste, he he. Longo brillante, duro en libre pero que se protexe como queiras, 6b/A1 para min pero vese moi posible, resistencia e autoprotección, brutal! en libre 7a+/b

 


 

domingo, 7 de setembro de 2025

Val de Ansó. Tozal de Espelunga: URDABURU

A finais de xullo quedei con Manu en Ansó coa idea de facer un par de vías. Época de calor na que felizmente en Zuriza case non había xente, o camping segue pechado e non se pode durmir en autocaravana pola zona, parece que é o método para poder gozar do monte en verán sen ordas de humanos subindo por ferratas ou facendo cola en tirolinas. Como hai bastantes anos tiven que baixarme da cuarta reunión da vía Karmele no Espolon del Italiano, daquela por choiva, fomos repetilo porque me quedaban por facer os mellores longos. Pois parece que me botaron un mal de ollo... outra vez tiven que rapelar da mesma reunión, a R4, esta vez por vento, máis de 60 km/h que na parte superior se convertian en dificil de dixerir. Erro noso que nin miramos o tempo, como en Ansó estabamos asados de calor!!!  

Ao día seguinte aínda daban bastante aire e fomos dar unha pateada para coñecer outras zonas, pouco máis de catro gatos na contorna, nin nas pozas ao pé da estrada había ninguén, sempre gozando. O noso destino era a Urdaburu no Tozal de Espelunga, tíñaa pendente doutras escapadas porque os "mentireiros" dician que era boa, pero nunca se me aliaran os astros para facela. Entramos por Los duendes del valle e en total queda unha vía que realmente merece a pena. Boa rocha e con partes adherentes, pensando que estamos nesa caliza como algo lavada de Ansó, muro espectacular e escalada diversa por placas, fendas, diedros e teitos... salientar a beleza dos longos 5 a 8, aínda que este último é duro en libre. Unha uña ampla, e unha estribeira, para ir cómodo no L5 (ou facer un bloque obrigado en travesía, pareceume duro), o L8 é duro en libre pero bastante equipado, o L6 e L7 son moi bonitos de escalar, hai que apretar neste último pero protéxese a pracer. Como xa baixara 2 veces pola barranca horribilis que hai á esquerda do Espolón del Italiano decidimos rapelar, e non foi mala opción, aínda que ten os seus riscos. Bo bosquexo do Luichy por internet.

Manu saíndo do L2, 6b+.


No L3 hai que buscar o camiño de chapas entre o mar de caliza e a vexetación, 6a.

Coido que chegando á Reu do L4, 6a.

No L5, estaba mirando como facer o paso pero ao final quitei a uña, 6b/A1

Manu visto desde enriba antes de entrar no teito, L5.

O meu compi comezando o bonito L6, 6b.

O final do L6 desde enriba.

Bonita trave e precioso longo este L7, colgueime por nogallán pero apretando sae... 7a+.

Manu iniciando o L8, este si que é fino e duro, pero tamén moi bonito, 6a/A1 (7b)

Manu chegando á R9 (non enlazamos L8 e L9 aínda que se pode), 6b

O noso L10, hai que escalar... 6a+, e aínda queda outro no que tamén hai que aplicarse...








mércores, 26 de xaneiro de 2022

CIENFUÉNS: El placer del gesto

En Belsué agóchase un monstro que virou as costas ao mundo. Aló, no seu paraíso isolado, observa aos camiñantes e as múltiples batidas de caza, observa aos/ás escalador@s esforzándose polo seu lombo pétreo, e deféndese... deféndese só, contra os intentos de mostralo ao mundo con eses magnifícos inventos expansivos dos humanos, deféndese das regulacións que non entende pero respecta, agora tan só de agosto a novembro, e ese novembro, talvez outubro, liberase observando formiguiñas no seu lombo, porque antes arde completamente, e renace ao sol do inverno cada ano. Cienfuéns é o monstro que, coma un Fenix, é un símbolo inmortal, físico e espiritual, que ten o poder do lume en verán e purifícase en inverno, abrindo cada ano as portas do templo do sol, aínda que sexa cada vez máis dificil, mais segue sendo un mostro agochado, liberado un momentiño, só para autoprotección.

El placer del gesto é das boas de Cienfuéns, á esquerda de Licantropunk, comparte o inicio con Ciudad interior durante uns 10/15 mts. Moi boa vía, da beleza de Licantropunk ou Totem va pero algo máis esixente, bonita polo acertado da trazado e polo estilo de apertura e equipamento, unha xoia brillante nun lugar de xoias, outra máis de verticalidade absoluta, merece moito a pena. Con Ronan e Javi... un pracer e un gusto escalar con tan bo rollo!! Bosquexo dos aperturistas en Elcaminodelguerrero, aínda que nós levamos o de Korkuerika e fomos moi ben, sempre me gustaron os seus bosquexos, he he.

Ronan e Javi no L1, o final é duro... 7b?

Javi saíndo do diedro do L2, un diedro máis duro do que aparenta, non sei se foi pq era o meu 5º día escalando ou o diedro cabrón, pero deixoume un brazo feito polvo. 6b+.

Ronan enchúfase este precioso L3 a vista, 7a+. Brutal Ronan!!!

No L4, un 6a+ esixente.

Preciosa foto de Javi na primeira trave, é o inicio do L5, 6a+

No L6, trave de IVº que hai que facer con coidado pola rocha delicada, e hai que ir buscándoa.

Precioso longo que se currou Ronan, é o L7 e é o que creo que lle pode dar nome a vía. Un 7a fantástico cunha sóa ponte de rocha emprazada, hai que currarse a protección pero vaise deixando e ao final vaite tostanto ata a última panza. Brutal!!

Ronan antes da ultima panza!!

Precioso!!!

Finalmente Javi sacounos do precipicio, L8 e último, 6a+.

Equipasooooooo!!!!!! con estes titáns da gusto!!!

Como ás veces costa orientarse a pé de vía, principalmente para os que se inician en Cienfuéns, fixen este bosquexo panorámico con todas as vías que coñezo ou puiden investigar... creo que non se me escapa ningunha pero.... espero que vos sirva!!!

 

martes, 14 de setembro de 2021

Teruel existe. Órgano de Montoro e outras andanzas: Abraxas

Hai tempo que non traballo este espazo, probablemente por falta de tempo e talvez porque cada día o considero máis o meu arquivo persoal, sen aspiración de aportar nada novo pero mantendo o facho de estar no monte aínda que sexa coa imaxinación. Coñecer algunhas zonas de Teruel levounos á excepcional escola de Olba e á paixase única do Organo de Montoro, un lugar realmente curioso e que merece apena visitar, talvez con máis días e menos tormentas. Foron as tormentas as que nos fixeron ir fuxindo do mal tempo e rematar en Riglos, con Ana, Martin e Javi... amigos cos que frunfas vaias onde vaias.

A Abraxas é unha vía sen pretensións pero que aporta dous longos ao final que atraen pola técnica e a escalada eminentemente clásica, pero principalmente aporta polo lugar onde se encontra. Estas formacións de rocha son tan brutais e tan curiosas que merecen sen escaladas. Unha pequeniña aventura na que hai que buscar a baixada e deixarse levar polo sabor desta particular caliza. Tedes moita info e bosquexos por internet, imos ver unhas fotos...
Os meus compis gozando dun descanso en Olba. Escola brutal, 500 vias todas para nós, he he!!
Ana e Javi probando algunhas xoias de Olva, todo a vista entre o 6c e o 7b...
Ana probando un 7a+ brutal de case 40 mts que había nun dos mellores sectores de Olva. Vaia titana!!
No último longo da Abraxas, Martin saíndo do diedro bonito
Buscando a baixada, e que ben o pasamos!!
Xogamos en Riglos, Ana dándolle á Superchoper. A súa segunda vía de longos, primeira en Riglos, e dándolle de primeira... outro nivel, he he
E agora en La fiesta de los biceps... incansable esta moza, he he.
Determinación absoluta!!
O casco moléstalle pero carga coa mochila que sexa e máis, he he... Ana saíndo do desplome final da Fiesta.

xoves, 24 de maio de 2018

Roques del Masmut: Danuta Lato + Barrufets

Retomo o tempus fugit da pascua pasada para contar uns días de viaxe con Manu e Toño na procura de actividade invernal, ou primaveral, ou... en fin... na procura de actividade! Neste ano de climatoloxía atípica, e moitísima neve, comezamos a pascua buscando de algo de xeo que non estivese enterrado e un pouco de esquí. Despois de darlle á cabeza, empezando pola inventiva creativa ata chegar ao realismo máxico, coa intención de atopar algo de xeo vertical que non estivese tapado pola enorme cantidade de neve... acabamos no clásico tunel de Bielsa, he he, e fuxindo das nevadas primaverais chegamos ata Benasque. Finalmente o mal tempo foinos levando cara a rocha e acabamos en Els Ports e Masmut, na liña que separa administrativamente, que non culturalmente, Aragón e Catalunya. Demos voltas máis fomos trunfando e facendo actividade todos os días. Tamén lle podedes botar unha ollada a damegravedad.
As vías que catamos en Masmut coido que son dous bos modelos do que podemos encontrar neste lugar... rocha mediocre por momentos e algo de aventura para alimentar o espírito. A Danuta Lato sitúase en El Sombreret, na parte inferior de Masmut, co selo de denominación de autor inconfundible e humanizada pola calidade dos seguros desde o reequipamento, aínda así mantén certo carácter, principalmente ao final do L1, moi recomendable. Bosquexo por cortesía de Armand Ballart.
A Barrufets é fantástica, via de fendas continuas para gozar se che gusta este tipo de escalada. Clásica por dereito situada na Proa de Masmut, dentro da colección das barrufets abertas por todo Catalunya e con denominación de orixe nun conxunto de excelentes alpinistas que, durante os anos oitenta, marcaron gran parte do ritmo da escalada en rocha nestes anos de evolución e aventura. Magnifica, hai un pitón no L2 que precisa unha maza urxentemente... bo bosquexo de Korkuerika.
En Bielsa, Manu dándolle unha polea á Princesa... a Dorada tapada pola neve estaba toda podrida... case o mellor que habia para escalar era a esta vía, pero habia neve como para tapar a primeira chapa!!
Toño en Ardonés, sacando brillo ao que, naquel momento, era un xeo xeneroso para o que había pola zona
En Masmut, comezando Danuta Lato. Os meus compis no L1, 6b.
Manu iniciando a enorme trave do L2, V+.
Manu sacounos a corda e seguiu facendo travesía no L3, IV+.
Bonita fenda no L4, e había que darlle!!! V+.
O L5 dá bastantes voltas para sair por unha panza inmunda cun párabolt "santísimo" colocado no seu sitio!! 6b.
Xogamos na Barrufets... Toño quentando músculo na fenda de inicio, 6a+. Moito vento, pasamos un frio do carallo ao inicio da vía!!
O L2 comeza cun A1 moi desplomado (cun pitón solto apoiado por palanca que precisa unha maza caritativa) e segue por unha fenda de 6a caralluda, levade os pedais!!
Toño segue agarrado á corda neste terceiro longo de V+
Precioso o L4, comezamos aceirando nun paso bruto pero logo unha fenda de 6a faranos gozar a gusto.
O L5 percorre unha cheminea de libro caralluda, V+
Ao día seguinte fomos a Les Moles del Don, en Els Estrets, Manu plaqueando en Obsessió Continua, grao ben apretado!!!
Ao baixar fixemos o diedro de Sam Belluga, moi bonito porén a parte final, alén de rota, resultoume difícil e de colocarse moito. Unha foto desde o camiño, cunha cordada comezando o diedro mestres eu espero polos meus compis!!