mércores, 26 de xaneiro de 2022

CIENFUÉNS: El placer del gesto

En Belsué agóchase un monstro que virou as costas ao mundo. Aló, no seu paraíso isolado, observa aos camiñantes e as múltiples batidas de caza, observa aos/ás escalador@s esforzándose polo seu lombo pétreo, e deféndese... deféndese só, contra os intentos de mostralo ao mundo con eses magnifícos inventos expansivos dos humanos, deféndese das regulacións que non entende pero respecta, agora tan só de agosto a novembro, e ese novembro, talvez outubro, liberase observando formiguiñas no seu lombo, porque antes arde completamente, e renace ao sol do inverno cada ano. Cienfuéns é o monstro que, coma un Fenix, é un símbolo inmortal, físico e espiritual, que ten o poder do lume en verán e purifícase en inverno, abrindo cada ano as portas do templo do sol, aínda que sexa cada vez máis dificil, mais segue sendo un mostro agochado, liberado un momentiño, só para autoprotección.

El placer del gesto é das boas de Cienfuéns, á esquerda de Licantropunk, comparte o inicio con Ciudad interior durante uns 10/15 mts. Moi boa vía, da beleza de Licantropunk ou Totem va pero algo máis esixente, bonita polo acertado da trazado e polo estilo de apertura e equipamento, unha xoia brillante nun lugar de xoias, outra máis de verticalidade absoluta, merece moito a pena. Con Ronan e Javi... un pracer e un gusto escalar con tan bo rollo!! Bosquexo dos aperturistas en Elcaminodelguerrero, aínda que nós levamos o de Korkuerika e fomos moi ben, sempre me gustaron os seus bosquexos, he he.

Ronan e Javi no L1, o final é duro... 7b?

Javi saíndo do diedro do L2, un diedro máis duro do que aparenta, non sei se foi pq era o meu 5º día escalando ou o diedro cabrón, pero deixoume un brazo feito polvo. 6b+.

Ronan enchúfase este precioso L3 a vista, 7a+. Brutal Ronan!!!

No L4, un 6a+ esixente.

Preciosa foto de Javi na primeira trave, é o inicio do L5, 6a+

No L6, trave de IVº que hai que facer con coidado pola rocha delicada, e hai que ir buscándoa.

Precioso longo que se currou Ronan, é o L7 e é o que creo que lle pode dar nome a vía. Un 7a fantástico cunha sóa ponte de rocha emprazada, hai que currarse a protección pero vaise deixando e ao final vaite tostanto ata a última panza. Brutal!!

Ronan antes da ultima panza!!

Precioso!!!

Finalmente Javi sacounos do precipicio, L8 e último, 6a+.

Equipasooooooo!!!!!! con estes titáns da gusto!!!

Como ás veces costa orientarse a pé de vía, principalmente para os que se inician en Cienfuéns, fixen este bosquexo panorámico con todas as vías que coñezo ou puiden investigar... creo que non se me escapa ningunha pero.... espero que vos sirva!!!

 

2 comentarios: