luns, 3 de xaneiro de 2022

Riglos. Pisón: Espolón Picapiedres

Unha nova Via no Pisón á esquerda da Chopper. De novo Edu dando estopa e deixando liñas humanas de cando en vez para que os humildes poidamos gozalas, he he. Foron un días por Riglos onde nos atopamos unha caterva de colegas, Javi, Martin, Julian, Toño, Josete, P. Velasco, P. Santos... un conxunto de boas escaladas e birras para gozar deste paraíso que para un servidor conta como unha das mellores zonas de escalada no mundo, onde a relación entre metros de rocha e esforzo vai directamente aos popeyes, nunca hai división que reste, en Riglos sempre se suma.

O Espolón Picapiedres é outra máis, aporta ao Pisón unha continua sucesión de panzas desde o chan ata o cumio e con alguna trave co selo do aperturista. Cun grao amable, e bastante homoxéneo en xeral, que te vai salpicando veas no antebrazo ata que chegas ao cumio cunha boa ramificación das mesmas e sen que, normalmente, sobresaían demasiado unhas pazas sobre outras en dificultade. Boa vía para gozar dunha escalada tranquila e riglera cen por cen. Bosquexo so Edu ao final desta entrada.

Santos nas primeiras panzas

Sempre gozando, he he

A Pablo sobráballe roupa... viñan el e Josete por detrás.

Santos na trave do 3º/4º longo

Pablo saíndo do paso que eu creo que era o maís obrigado.

Panzas continuas ata o cumio

Pablo e Josete gozando da vía

Bosquexo do Edu... grazas por tan bo traballo!!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario