A primeira vía da Visera: A Inacio ou Torrijos, aberta polos irmáns Carmelo e Antonio Torrijo en 1973. Orixinariamente a vía remataba no escape da Mosquiitos mais, na terceira repetición, Jesús Galvez continuouna por unhas fendas que hai a dereita -e que aínda hoxe se vén sucias e feas- (podedes ver un traballo fantástico de toda a historia da escalada na Visera en A0avista). En 2009 a vía foi restaurada por C. Torrijo para escalar en A0, cun grao obrigado que non creo que pase de Vº.
A Torrijos parece unha clásica pero na actualidade é outra vía a recuperar para a escalada libre. O re-equipamento permíteo e o trazado tamén, excepto nalgunha panza superior buscada para o pedal, que cunhas pequenas variantes mantería a continuidade e sen un grao excesivo. Actualmente cómpre saneala toda, e aquí non estamos no mellor pano da Visesa nin moito menos (debin caer como catro veces cun bolo na man, finalmente optei por agarrarme máis ás cintas, he he), para facela en libre hai moito traballo de limpeza pero sería unha boa vía que aportaría unha nova perspectiva da Visera. Actualmente é outra para coleccionistas rigleros. Non atopei ningún topo que me gustase nada asi que deixo un aqui, ao final, de como a vimos nós, está feito sobre unha foto de vías da Visera de A0avista, espero que non lles moleste, só se trata de aportar a toda a boa info dese estupendo blog.
|
Toño no L1, de novo dando estopa, este longo é duro, comeza á deretia da Shackleton nun bloque ao que lle arrinquei o mellor canto
|
|
O L2 será como 6b, iso contando que hai que ir con moito coidado coa rocha.
|
|
O meu compi no L3, fácil ata unha cheminea como de Vº/V+
|
|
Toño na cheminea
|
|
O L4 levate a un gran desplome que arranca en A0 pero logo se escala en libre e que nos mete no espolón dereito da Visera
|
|
Toño de novo saíndo do desplome
|
|
No L5 polo evidente espolón dereito da Visera, cruzamos a travesía de escape da Mosquitos (onde remataba tamén a Torrijos orixinal) e colocamonos na reu a mesma altura do Trono, a súa dereita.
|
|
O L6 ten unha reunión anterior pero nós fomos ás argolas de rescate na saída das últimas panzas da Mosquitos. Se fixeramos a reu anterior, con outra tirada sairiamos directamente ata as rampas cimeras. A ultima parte fácil é común coa Mosquitos
|
|
Fixen este topo sobre outro estupendo de algunhhas vías da Visera feito por A0avista, por debaixo da liña verde do topo podemos ver en branco o trazado orixinal e as fendas que debeu seguir J. Gálvez na 3ª repetición. No bosquexo poñemos os graos e como vimos nós a escalada, alén de indicar onde comeza a Shackleton para que non haxa confusión
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario