Sigo colgando cousas particulares, outra vez nos Galayos, fuxindo das choivas do norte e reconciliándonos co granito máis nobre que podes escalar. Esta vez fomos á Torre Amezúa, unha xoia de parede situada á dereita da oeste da Aguja Negra, outro sistema de fendas pola esquerda desta parece nos obriga a volver... creo que o da esquerda é a Ayuso-Rivas.
A
Gerardo-Rafa é unha verdadeira beleza de escalada en granito, a única pena é que hai que subir pola canle máis de 100 mts que se fosen de vía serían brutais. Alén da trepada de inicio cómpre seguila con atención polo sistema de fendas que, dun xeito precioso e cunha dificultade moi homoxénea, te vai levando ata o cumio desta torre de granito propia do galayar. Descenso cun rapel ata o Espaldar (talvez sexa mellor facer dous para que non se enganchen as cordas) e continuamos cara arriba para descender pola Canal de Trocha Palomo directamente ao refuxio Victory. Bo bosquexo do
luichy, e tm podedes ver o bosquexo da
Gran fisura á Punta Margarita en
viaclasica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario