domingo, 21 de novembro de 2021

Galayos. Torre Rosblanc: Convinación Murma + Y las lentejas si te dejan

De vez en cando retomando actividade para este arquivo que, máis ca de difusión para a colectividade, sérveme de lembranza persoal, e que vou actualizando aos poucos cando creo que hai algo interesante, cada vez co tempo máis limitado. Se alén diso alguén lle pode tirar proveito ou precisa algunha información xa sabedes que somos poucos e compartimos experiencias... e máis en lingua vernácula, he he.

Cando miramos para o Torreón desde o refuxio advertimos dous sistemas de fendas que nos levan ata a súa base, á dereita a Underground e á esquerda a Murma, as dúas son clásicas que nos levan á PLATAFORMA DE LAS FLORES, e convinan con calquera vía que nos leva a ta a cima do Torreon. Cun rapel cara a CANAL DE LA AGUJA NEGRA a tope de corda, e un pequeno destrepe, pómonos embaixo do diedro evidente onde comeza vía. Boa vía, cómoda e rápida, co grao amable para o que soe haber polo lugar. Bo bosquexo en elcampocuatro, pero podedes levar un nº5 para o último longo. Relato máis currado no blog de Pablo
Con Ana entrando na Murma

L2 da Murma, moi bo e coido que máis fácil ca Underground

A Torre Rosblanc, co diedro evidente no centro.

Pablo en acción. Precioso.

Iniciando o último longo

Deixade os cacharros grandes para o final.


 



Ningún comentario:

Publicar un comentario