mércores, 29 de setembro de 2021

La Pedriza: Oeste del Pajaro

 A Oeste clásica ou Peñalara... unha vía que hai que repetir de cando en vez. Con Victor pola Pedri, eu con gaña de volver ao Pajaro, e el que non a fixera, así que non houbo dubída... a última vez que me arrastrara polo off-width fora con Caro e Alberto, coido que no 2005. Increible apertura en 1965, non me imaxino nin como fixeron para chegar á trave e o canalizo gordo que te leva ata a cheminea off-width... O Pajaro é un dos riscos que engancha, con vías para descubrir historía e tamén para apretar todo o que queiramos,

A Oeste ou Peñelara fai como dous longos de travesía para meterse na preciosa fenda que nos leva ata a cheminea, que tamén ten algo de trave, estes longos están bastante equipados aínda que pode que sexa pertinente meter algunha cousa, talvez o camalot do 4 nos vaia ben para o canalizo gordo que está ao final da trave do L3. O seguinte é un off-width longuísimo que comeza máis técnico e remata máis humano, no que tm nos virán ben os friends do 3 e 4, e que te obriga a pasar polo "ollo de boi", desde aquí ao cumio un par de placas que se fan bastante ben. Bosquexo en Via clásica
O meu compi comezando a trave para buscar o inicio da vía. Tamén se pode entrar por un longo de placa directo de 6a.

Victor no L2... hai que procurar o sitio correcto, Vº.

Saíndo da fenda de 6c, L3.

Agora comezando o off-width

E facendo o indio cando o empotre se pon máis amable... se non fose coa corda por riba non faría de spiderman, he he.

Hai que pasar... polo útero materno...

As placas que te levan ata o cúmio

Un pracer... sempre mola compartir cumio no Pajaro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario