luns, 28 de marzo de 2022

Penas de Prao: Hogar del viento e Venus

Volvendo a gastar pelexo por Penas de Prao despois de moitos anos. Unha marabilla de parede con vías para todos os públicos e de cómodo acceso e descenso, con deberes pendentes en algunas rutas clásicas, e tamén noutras máis modernas, e con moitas gañas de seguir descubrindo pequenas aventuras nesta preciosa parede tan próxima e que tanto ofrece, para escaladores curtidos e para iniciarse nas vías de terreo de aventura. Desta vez foron dúas rutas bonitas pero de concepción completamente diferente.

A vía Hogar del Viento é unha ruta de aventura, ben asegurada nos pasaxes claves, que hai que buscar pero sen problema cun topo adecuado, de grao máis amable do que indica no bosquexo, ao meu entender, e que ben podería ser unha ruta para iniciarse neste terreo ou para ir con algúen que queira escalar unha vía cómoda e fácil. Bo bosquexo en La Garrafa

A Venus é bastante diferente, o grao é, apatentemente, máis fácil, pero hai que botarlle máis morro na escalada e guiarse adecuadamente por placas que, ás veces, non sabes por onde atacar. Entrámoslle pola fenda de V+, porque a placa de 6b+ ten unha pinta de pista de patiñaxe perfecta para que te pille arrancando, pero é unha entrada bonita, e logo a vía vai gañando en beleza segundo te encaramas a eses muros de buracos perfectos e cos seguros mínimos, unha vía recomendable. Bo traballo cos bosquexos en La Garrafa

Miguel comezando Hogar del Viento, V+

Rematando o L2, cun 6a chapado que era moi cómodo

A vía ten un concepto de aventura, a R2 é unha ponte de rocha que hai que reforzar.

Miguel comezando o L3, un spit protexe a saída

Xogamos na Venus, esta vez acompáñame Ana, este é o L1 da fenda de entrada, V+, máis bonito do que aparenta

Ana no L2, brutal muro de buratos, incrible. V+

O L3 tamén é precioso, pero non te despistes buscando o camiño adecuado para para navegar polo muro. V+. O final é a trave comun con Noches de escuela, pero a reu é diferente.

No cumio, co val de Arbas ao fondo. Gran lugar!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario