venres, 29 de abril de 2022

Penas de Prao: La Cuenta Atrás e Esmorga

Penas de Prao nunca defrauda, neste caso dúas boas vías de aventura que, sen sufrir demasiado, fante escalar, traballar a protección e sacar a intuición para seguir as vías, qué máis se pode pedir? Escalar nesta excelente caliza modelada pola auga e a neve sempre foi un pracer, se acertas con estes días de inverno nos que o sol te acariña e te enche de "vitamina"... tes o cuarteto perfecto: escalada de aventura, boa compañía, sol de inverno, e soídade absoluta.

Estas dúas vías, alén de que circulan paralelas, son de características similares. Vías de buscar en todos os sentidos, de gozar da pequeniña incertidume e algo de aventura que, en ocasións, nos regalan. La Cuenta Atrás ten estas características, cun L2 e L4 ben bonitos, o L3 algo roto e no que hai que buscar a reunión (tendemos a ir cara a dereita a por un spit nunha placa que é de Esmorta e a nosa vía realmente vai á esquerda por unha zona pouco intuitiva, ata superar un nicho sucio pola súa dereita). Esmorga é unha vía con algún longo brutal, o L3 e o L5 gustárome moito, principalmente o canalizo do L5 para o que levaremos un C4, e no L4 teremos que escalar unha placa cun spit que nos obrigará a un pequeno golpe de gas. Moi boa ruta! Bos bosquexos en la garafa
Ana comeznado La cuenta Atrás

Titanaaaaa 

O L2 vai buscando o natural atravesando unha placa ben bonita

Acabando o L4 que comeza nun diedro moi chulo

Xogamos en Esmorga. Ana na preciosa fenda do L3

Golpe de gas nos canalizos do L4

Boas reunións para montar.

Excepcional longo do canalizo enorme do L5 de Esmorga

Un pracer sempre!!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario