domingo, 8 de maio de 2022

Peñas de prao: Almuzara

Seguimos descubrindo aventuras por Penas de Prao. Despois de moitos anos segue encantándome este lugar, con vías para todos os gustos e de todas as dificultades, onde a beleza está garantida e o pracer pode ser unha escalada cómoda, ou esgrevía, de corte clásico, ou moderno, de fendas, ou de placas de levitar... Escolle a tua aventura porque o escenario é un marco incomparable.

Neste caso acertamos coa beleza clásica de Almuzara, vía de fendas por excelencia con pasos en placa e de fácil percorrido. Aberta en 1999 con estilo e, sen obrigar demasiado, que non hai que menosprezar. Faise toda en libre perfectamente sen que pase de 7a (un paso) e, aínda que as fendas teñan algo de herba, escálase e protéxese bastante ben, porén, teremos que facer bo uso de friends e entaladores durante todo o percorrido, excepto nas placas máis difíciles nas que atoparemos seguros emprazados. Fixen un bosquexo porque só coñeciamos o de Adrados e está lixeiramente equivocado no percorrido e nos graos, espero que este aporte algo. Moi recomendable.

Miguel no L1 de Almuzara, precioso V+ de fendas

Agora no L2, sobre a sección de 7a. Boísimo!!

No L3 saín por esta canle de rocha solta, e de darte un ostión, porque Adrados marca a R3 xusto nesta canle... nin se vos ocorra!!! A vía vai perfectamente polo mesmo fío do espolón, e a reu está xusto enriba.

A R3, xusto na cima do espolón

Miguel dándolle ao L4, nada do artifo que pon o bosquexo de Adrados, pódese acerar perfectamernte pero ten dúas seccións e ningunha sae máis de 6c, son pasos finos de placa e equilibrio!

Un pracer compi!!!

O bosquexo que fixen, espero que vos axude a facela e que vos divirtades!!

 

4 comentarios: