martes, 24 de maio de 2022

El Chorro, por vías equipadas: Zeppelin, P. Amptrax, Mar de Fuego, El señor de las tinieblas, Estrella Polar e Fanatik@s.

O Chorro munca deixará de estar de moda... e nunca será o sector de moda... Encántame escalar neste paraíso malagueño pola excelente rocha e as magnificas vías, mais sempre atopo outros condicionantes como o bo rollo xeral da xente e a convivencia entre o mundo deportivo e o clásico. A esencia está no chorro, aquí eramos hipies non hai moito, agora o Caminito aplicou o bussines na comuna, xa antes había grao, pero aínda non chegou a graditis, nin os gradus scultus, porén como diría García Márquez: "a sabiduría cheganos cando xa non nos serve de moito". Onde hai cultura de escalada vaise impondo o senso común, mesmo co escándalo comercial do Caminito.

A escolla da vías foi casual, talvez a única que nos quedou sen facer era a que máis pretendiamos (Rayito de luna) e á que non demos entrado pola altura do pantano. Todas son boas vías, algunhas de corte máis clasico e outras máis modernas, con desigual dificultude pero todas con algúns longos preciosos, con esta calidade de rocha sempre saen xoias en todas as vías. Salientar algunha placa da Zeppeling, algún longo de Mar de fuego (difícil de ler a vista pero brutal) e o 7a de El señor de las tinieblas cunha fenda preciosa. En xeral un verdadeiro pracer todas as vías, e a compañía, con Manu, e atopamonos alí con Rober e os colegas de Madrid, o Murci e amigote aventureiro, e de novo volvín a encordarme con Andrés que veu cun compi a facernos unha visita desde Morón. Pascua de cine no Chorro!!!
Manu na trave de Proyecto Amptrax (170 mts, 6a). Clásica do lugar!!

Chegando ao topo, co Chorro detrás!

Tivemos un dia de choiva e fomos facer bordillos ata As Encantadas

Brutal a parede dos Gaitanes. Lugar de fendas e cacharros!!

Manu comezando El señor de las tinieblas, xusto á dereita do El Poema Roca (vía de tres longos ata 7a)

O L2 é boísimo, fenda de conti preciosa

Ese día dobrete: xogamos en Estrella polar (280 mts, 6b), enlazando longos faise bastante rápido esta vía, Manu ao final do noso L1.

Preciosos longos nesta via.

E placas de escandalo.

Ao día seguinte a intención era pillar o cable, facer a tirolina e escalar Rayito de luna, levabamos o Camalot do 5 correspondente, fixeramos os deberes... pois non, o cable está algo roto e antes de chegar á tirolina pasaba por debaixo da auga, Manu mollou todo o que levaba no arnés, gatos incluídos e deu a volta co rabo entre as pernas!! moita auga!

A alternativa foi a unha vía moi boa, nas Frontales Baixas fomos a Mar de Fuego (210 mts, 7a). Como o día empezara mal pois equivocámonos de vía e fixemos unha que hai á dereita de 2 longos (tamén boa), ao final cambiámonos e démoslle finalmente a Mar de Fuego... hai días!!

Na placa de 7a de Mar de fuego, longo apretón, difícil de escalar a vísta mais cinco estrelas.

Manu na mesma vía

Via moi recomendable

Ao día seguinte fomos á Zeppeling (300 mts, 6c+), clásica imprescindible, na parede dos Tres Techos, co "caminito" xusto enfrente... alí arriba vai...

A placa do primerio longo xa che indica que hai que despertar, he he.

Plaqueando nesa rocha curiosa

A Manu tocalle a trave de 6c+... aceirada...  parece factible pero está algo pulida e bastante sucia

Seguimos por placas buscando a nosa vía

Con algunhas agullas brutais chegando á aresta.

Mentres o bussines do caminito apiñaba a 500 camiñantes para facerlles fotos. A nós ese día debéronos sacar milleiros, alén dos berridos variados!!!

Meu coompi accedendo á aresta final.

Con algún pilarciño máis chegas á parte superior.

Último día no Chorro, Manu foise trepar co Murci e eu ateime con Andrés e un amigo, despois de tanto tempo un pracer volver escalar con Andrés.

Andresin, un pracer enorme!!!



 

1 comentario: