xoves, 8 de setembro de 2022

Peñas de Prao: Tubullar Bells e El fin del silecio

Comeza o cole, momento de retornar ao terreo da fantasía e das lembranzas, momento de ordenar o caos e de perdernos na procura das palabras, do xeito de dispolas para que insinuen a beleza da montaña. De novo outras dúas vías en Penas de Prao, imprescindibles as dúas mais de estilos e conceptos completamente diferentes: unha moderna coa perfección das formas e de beleza absoluta, outra clásica onde tirar de oficio e sachar na leira. Son dúas, son impresionismo e cubismo da mellor feitura. Con Miguel, un espirito feliz co que é un pracer compartir aventuras.

A Tubullar Bells é posiblemente a vía de concepción moderna máis bonita que escalei en Penas de Prao, algúns dos seus longos son para enmarcar, de feito todos os longos son preciosos (exceptuando o último que literalmente é o lado escuro, fácil pero guarro) e algúns, como o L3, L4 e L5 deberían enmarcarse e colgarse no salón, obrigada en 6a/6a+; noraboa aos aperturistas por esta ruta tan boa. El Fin del Silencio é outra factura, só fixemos os seus 3 últimos longos, unha clásica entre as clásicas, de moverte entre pitóns e algo de suciedade, co material xusto para pasar e para tirar de oficio coa cacharrada, boa vía, aberta con estilo, obrigada en 6b. Deixovos o bosquexo das duas vias ao final da entrada, un por cortesia dos aperturistas e outro tirado de La Garrafa, que sempre fan un excelente traballo cos topos e a info. Vexamos unhas fotos.                                                         

Miguel no L2 da Tubullar Bells, un V+ precioso.

O meu compi saíndo do L3, un 6b magnífico!!!

Despois dunha transición descendente... o L4 é un canalizo/fenda ao puro estilo Indian Creek, en caliza!! un 6b de feitura brutal!! E ponte no inicio do L5 (sen foto), un 7a+ que arrinca baixo uns canalizos finos, de pequenos agarres laterais e pés complexos, para continuar progresivamente por uns nervos esculpidos polo demiurgo da escalada para que gozásemos da beleza incrible dos seus cantos.

Outra foto no L4 onde vemos a perfección da fenda.

O último longo, arrinca nesta placa pero logo métese nunha canle bastante guarra, V+. Esta vía coido que precisaría outra saída, concordando coa beleza do anterior, he he.

O topo, cortesía dos aperturistas. Vía moi recomendable.

Xogamos agora en El fin del silencio, este é o L1 despois da vira superior, un 6a de escalar.

Miguel no L2, travesía en placa fina, 6b.

O comezo do L3, último longo, un 6c/+ que hai que negociar ao inicio, e en travesía, con pés algo delicados.

Miguel saindo da trave cara o cumio.

Un pracer compañeiro!!

Topo de La Garrafa, moi agradecidos pola info que nos proporciona!!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario