Retomando cousas... e facendo exercicio de lembranza, para continuar con este pequeno arquivo da memoria. Era o verán do 2021, hai xa un ano, e xuntámonos un pequeno grupo de colegas, cadaquén do seu canto, cadaquén coa súa arte e beleza, cadaquén co seu amor... concordamos ao pé das Agullas de Chamonix e, despois de rexeitar outras escaladas por dúbidas das condicións, nun mes de xullo de boas nevadas, decidimos que esta era a nosa vía. Aló íamos un grupiño de pasalo ben e botar unhas risas: por un lado Marco, Alberto e Miguel, por outro Pablo, P. Herraez e eu, non se podia ir mellor acompañado, un luxo!!
A primeira parte da ruta é o Pilar Cordier: 700 mts de granito, a gran clásica do lugar, cun grao máximo de 6b (obrigado 6a/6a+), onde hai que escalar en terreo de montaña típico e mola levar un bosquexo adecuado. Nós entramos pola rota orixinal, hai unha variante á dereita, talvez máis adecuada porque a orixinal pareceume rota e delicada. A ruta pode rapelarse desde a cima da Grands Charmoz. Escalada imprescincible!! A travesía Charmoz-Crépon unida á anterior precisa dun vivac (se eres humano) e sorprendeume a súa dificultade técnica, paréceme unha aresta de escalar con delicadeza e maniobrar coas cordas, con continuos pequenos longos e pequenos rápeles que nunca che permiten moita comodidade e cos que percibes que estás metido de cheo en terreo de aventura. En total unha actividade excelente. Déixovos uns bosquexos ao final tirados do libro de Damilano e colegas, facédelle caso, principalmete ao material que propoñen. Para nós foron como 2h a pé de vía, 9h de Pilar, 2´5/3h ata o vivac, e como 5/6h de aresta para regresar ao glaciar de Nantillóns, alén doutras 2/2´5h para descender o glaciar (rápel polo Rognon des Nantillons, pola esquerda salvamos as gretas en dous rapeles, senón son 5 ou 6) Vexamos unhas fotos:
|
No Glacier des Nantillóns, ao pé do Pilier Cordier
|
|
No L1 da rota orixinal, saíndo da rimaia, como vedes estes dous primerios longos son malos e rotos
|
|
Máis enriba comeza o festival de granito brutal, debe ser o L5 o que esta facendo Alberto, nós estamos por riba, imos comezar o L6.
|
|
Pablo escalando algún deses longos
|
|
E o outro Pablo que segue tirando para arriba por esa sección de fendas e granito perfecto. vou excelentemente rodeado! he he!!
|
|
Os Pablo´s de novo, isto debe ser o Râteau de Chèvre. Dous "guides" coidándome e eu gozando!! he he
|
|
Pablete colle a corda e tira millas na sección intermedia da ruta.
|
|
E o outro pablo tamén gozando, he he,
|
|
Continuamos polos longos do escudo superior. Alberto, Marco e Miguel sempre perseguíndonos
|
|
Aí os temos... sempre por debaixo nosa.
|
|
Esta fenda ancha é o longo chave, levade o friend nº4 e o nº3 a man, e se levades dous de cada seguro que os usades!! he he.
|
|
Pablo nos últimos longos da ruta antes da cima da Grands Charmoz
|
|
Comezando a crista da Charmoz, Herraez sobe ata un spit pero finalmente parece que hai que baixar e ir á dereita porque por arriba vese moi cabrón. Ao baixar atopamos unha fenda que nos da acceso para continuar a crista.
|
|
Facendo o indio pola aresta á procura da brecha Charmoz-Crépon.
|
|
Á esquerda da brecha , do lado este atoparemos o vivac
|
|
Antes de descender vemos a aresta do Crepón, pola que andaríamos ao día segunte.
|
|
Descendendo á brecha, desde a brecha andando un pouco á esquerda (Este) antes da fenda Mummery, atoparíamos unha boa repisa para vivaquear.
|
|
No vivac, preciosas vistas pero pouca repisa para 6 persoas, algún tivo que durmir sentado... sempre gozando, he he. O mellor é que a primeira hora o sol acaríciate para que acordes con amor!!
|
|
Herraez comeza coa fenda Mummery, ia subindo e botando eloxios (e pestes) para Albert Mummery... vaia titanes que eran os avós.... asinando naqueles anos primeiras asombrosas como as do Dru, Brenva ou a Travesia do Crépon.
|
|
Pablo segue tirando de nós, imos facendo pequenas tiradas e rápeles, nada mellor que te xestione esta aventura un maquinón con miles de horas neste terreo. he he
|
|
Por aí andamos, xa nin sei onde.
|
|
Os rapeles sempre dirixidos ou con trepadas enlazadas, todo vantaxes!!
|
|
Alberto na cima do Crépon... preciosas vistas de toda a aresta que sae do Glacier des Nantillóns e te leva ata a Aiguille du Plan e finalmente á Aiguille du Midi... vaia course impresionante!!!!
|
|
Descendendo ao glaciar
|
|
Algúns rápeles e algo de destrepe te levan á parte alta do glaciar |
|
Bosquexo do Pilar Cordier fusilado do libro de Damilano/Désécures/Laurent. Espero que non lles pareza inadecuado!!
|
|
Bosquexo da travesía Charmoz-Crepón tirado do libro de Damilano/Désécures/Laurent |
Buahh Xosé, tantos años en la lista de pendientes, tantas veces mirado el croquis. Vaya guapísima actividad! Qué buena! Un saludo
ResponderEliminarYeahhh... merece la pena, es una alpinada de las guapas... y siempre está en condis, he he. un abrazo Diego!!!
ResponderEliminar