A finais de xullo quedei con Manu en Ansó coa idea de facer un par de vías. Época de calor na que felizmente en Zuriza case non había xente, o camping segue pechado e non se pode durmir en autocaravana pola zona, parece que é o método para poder gozar do monte en verán sen ordas de humanos subindo por ferratas ou facendo cola en tirolinas. Como hai bastantes anos tiven que baixarme da cuarta reunión da vía Karmele no Espolon del Italiano, daquela por choiva, fomos repetilo porque me quedaban por facer os mellores longos. Pois parece que me botaron un mal de ollo... outra vez tiven que rapelar da mesma reunión, a R4, esta vez por vento, máis de 60 km/h que na parte superior se convertian en dificil de dixerir. Erro noso que nin miramos o tempo, como en Ansó estabamos asados de calor!!!

Ao día seguinte aínda daban bastante aire e fomos dar unha pateada para coñecer outras zonas, pouco máis de catro gatos na contorna, nin nas pozas ao pé da estrada había ninguén, sempre gozando. O noso destino era a
Urdaburu no Tozal de Espelunga, tíñaa pendente doutras escapadas porque os "mentireiros" dician que era boa, pero nunca se me aliaran os astros para facela. Entramos por
Los duendes del valle e en total queda unha vía que realmente merece a pena. Boa rocha e con partes adherentes, pensando que estamos nesa caliza como algo lavada de Ansó, muro espectacular e escalada diversa por placas, fendas, diedros e teitos... salientar a beleza dos longos 5 a 8, aínda que este último é duro en libre. Unha uña ampla, e unha estribeira, para ir cómodo no L5 (ou facer un bloque obrigado en travesía, pareceume duro), o L8 é duro en libre pero bastante equipado, o L6 e L7 son moi bonitos de escalar, hai que apretar neste último pero protéxese a pracer. Como xa baixara 2 veces pola barranca horribilis que hai á esquerda do Espolón del Italiano decidimos rapelar, e non foi mala opción, aínda que ten os seus riscos.
 |
Manu saíndo do L2, 6b+. |
 |
No L3 hai que buscar o camiño de chapas entre o mar de caliza e a vexetación, 6a. |
 |
Coido que chegando á Reu do L4, 6a. |
 |
No L5, estaba mirando como facer o paso pero ao final quitei a uña, 6b/A1 |
 |
Manu visto desde enriba antes de entrar no teito, L5. |
 |
O meu compi comezando o bonito L6, 6b. |
 |
O final do L6 desde enriba. |
 |
Bonita trave e precioso longo este L7, colgueime por nogallán pero apretando sae... 7a+. |
 |
Manu iniciando o L8, este si que é fino e duro, pero tamén moi bonito, 6a/A1 (7b) |
 |
Manu chegando á R9 (non enlazamos L8 e L9 aínda que se pode), 6b |
 |
O noso L10, hai que escalar... 6a+, e aínda queda outro no que tamén hai que aplicarse... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario