Sigo contando a última viaxe a Taghia, neste caso visitando a parede de Tadrarate. O lugar non te deixará indiferente e merece unha visita por si mesmo, a ferrata bereber ao pé do Oujdad faise xa clásica, a situación privilexiada do refuxio de Ahmed (onde sempre hai un té, sen premura occidental, para os visitantes), a barranca que nos introduce no leito do Akka n´Taghia, polo que camiñaremos cando non haxa choivas que o convirtan nunha barranca imposible, ata atopar o privilexio de ollar a parede oeste do Tadrarate que se vai abrindo entre paredes ata levantarse maxestuosa.

Esta parede pareceume a gran placa perfecta. Á súa dereita as fendas de Le Rouge Berbére, que eran o obxectivo de Adri e Miguel, adiantáronse a nós e durmiron na cova. Cando chegamos á parede, coas últimas sombras da noite, os seus frontais percorrían o que parecía ser o terceiro longo. Felicitalos polo rutón, moito que traballar para saír por enriba. A nosa placa perfecta era L´Axe du mal, máis deportivo, máis rápido, menos duro e, porén, nacido para ser escalado. A beleza é o que define esta vía que tamén che fará apretar, moi ben equipada para ter que obrigarte entre chapas e con vós limpos pero con aire, unha auténtica xoia na que tod@s collimos iberia en algún momento, obrigándote en 6c+/7a coas chapas a metros de ti. Se vas ben nese grao gozarás dunha vía excepcional. Atención á temperatura, o sol pode darnos moita caña nos longos superiores, non foi o noso caso.
 |
Luisa e josito iban por diante nosa. Na foto Miguel no L1, 6b+, o único longo tumbado mais que hai que facer. |
 |
Os nosos compis en Le Rouge Berbére, superando ese impresionante teito onde o tamaño das fendas os sacaban da zona de comodidade. |
 |
Josito e Luísa seguen tirando por riba nosa, agora no L3, 7a. |
 |
Aquí no L4, 6c+ |
 |
Miguel gozando no L6, 7a+ |
 |
De novo por enriba de nós, Luísa saíndo do teito vermello do L8, 7b. |
 |
Miguel encara as últimas dificuldades do L9, un 7b+/c que obrigaba bastante. |
 |
Por enriba nosa Josito tamén pillaba un vó de iberia apretando nese L11, moi duro en libre, 7c+. |
 |
Miguel no diedro antes da travesía, é o L10, 6b+/c. Ao fondo as fendas de Le Rouge Berbére |
 |
Miguel tamén pillou o seu no L11, 7c+. Pillamos todos, he he. |
 |
Foto a unha cordada suíza que viña algo xusta por detrás nosa, están na placa de 7b+/c, o segundo deles estaba algo superado e tivemos que botarlles unha corda varias veces. |
 |
Os longos 12 e 13 son dous 7a que non son nada fáciles. Miguel tivo unha caída entrando na R12 nada bonita e mancouse algo nun xeonllo, felizmente non pasou nada. Despois disto un último 6b+ deposítanos na cima coas últimas luces e unha néboa que nos dificultou a baixada. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario