Penso en rocha e lembro días pasados e, ás veces, pérdome por estes barrios. Talvez me reconforta pensar en vías e montañas, ou pode que me leve a inercia dos proxectos inacabados, aqueles que tomamos prestados á vída para voar un pouco e salvarnos da estupided humana. Uns días doutro verán inflamado pola Montañesa, con Victor. En Aínsa e a contorna as ordas humanas estendíanse ata rematar as estradas e encher as terrazas dos bares, na Montañesa posiblemente se contasesen cos dedos das máns as persoas que chegaban ao cumio, escalando só algúns despistaos que buscabamos a sombra. O normal, nós tamén imos aos bares, sempre Una cervexa més !
Outra boa vía de Albert Salvadó nun escenario precioso e moi propicio para o verán, de feito mellor levade unha manga, principalmente se sopla un pouco, aínda que saiades da Collada asfisiados de calor. A vía gustoume moito en xeral, con dous longos que merecen un recoñecemento, o L2 e L4 distínguense pola beleza do trazado, pola rocha e polo xeito de afrontalos. Una cervesa més podería ser unha clásica da norte da Montañesa, déixase facer pero hai que escalar e xogar co material, aberta con criterio e mestría para que se manteña viva, tal e como nos teñén acostumados os autores. Bosquexo excelente de Albert. Poucas fotos, todas de Victor.
![]() |
| No L2, unha placa perfecta da paso a unha fenda perfecta onde protexer de xeito perfecto, 6c. Beleza. |
![]() |
| Detalle da rocha nesa mesma tirada. |



Ningún comentario:
Publicar un comentario