mércores, 10 de xuño de 2026

Peña Ubiña. Cara Oeste: ESPOLÓN CENTRAL

O Espolón era evidente sempre que pasabas por diante e, uns anos antes, cando escalamos o Superespolón Oeste Directo, Josito e eu botámoslle uns bos vistazos. A primeiros de marzo, nun curso da EGAM, mostreillo a Adri e a Jaime, era maio cando escapamos para abrilo. Pero o noso gozo nun pozo, descoñeciamos que fose escalado previamente pero na parte superior atopamos ata 2 pitóns (en dous lugares onde tampouco eran necesarios), tampouco sabemos por onde accederon os que xa subiran antes por aí e decoñecíamos calquera referencia desta escalada previamente; se alguén quere contactar estaría xenial saber como a fixeron, por onde entraron no espolón e as posibles diferencias da escalada que mostramos neste bosquexo.

A vía resultounos ben bonita, con zonas onde andar con coidado polo lique, ou polo roto, pero en xeral bastante divertida e de aventura. Salientar o A1 do L3 onde cómpre levar un pitón (plano ou universal) e un pedal (o pitón puido quedar pero por erro finalmente levámolo connosco). Ao inicio do L4 metimos un bolt, nós pasamos sen el pero pareceunos un pouco expo e o último meteu este expansivo para sinalar a ruta e para salvar a caída á repisa (daquela aínda pensabamos que estabamos abrindo a vía). Parte do L4 e L5 non se ven no bosquexo, trátase un gran diedro de pouca dificultade onde andaremos rápido porque se protexe moi ben e ten cantos a esgalla, unha ponte de rocha sinala o acceso a este diedro. o L6 é o mellor sen dubida. Toda a info para repetila no bosquexo, vexamos unhas fotos.

 

Inicio do L3 (antes do A1). Adri pasou de segundo pola placa máis á dereita pero dixo que sería como 6a+/6b e bastante expo.

Adri no L4, subindo un pouco máis atoparemos a ponte de rocha que deixamos para sinalar o acceso ao diedro da parte dereita do espolón

Adri comezando o L5, saíndo do nicho.

Na parte superior do L6, o mellor sen dúbida.

Jaime comezando o L7

Detalle da parte inferior o espolón

Detalle da parte superior do espolón
 
O Bosquexo
 

Os tres na parte superior e Adri chegando á R6, con Torrebarrio detrás. Un pracer compañeiros!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario