Sempre que pasas por Cubillas de Arvas ollas inexorablemente para este espolón. Levaba moitos anos coa intención de escalalo e só coñecía un bosquexo do Desnivel nº 152 (xuño de 1999) que podedes ver nunha fotografía máis abaixo. O lugar sempre foi un recuncho bastante solitario, un privilexio para @s escalador@s máis coa ferrata e o turismo ábrense novas espectarivas de casas rurais e múltiples autocaravanas que lle deparan un futuro incerto e de sobra coñecido, alén disto nas paredes aínda podemos estar bastante isolados e gozar das pequenas épocas onde o clima nos permite unha aventura excepcional nesta preciosa paraxe.
O
Espolón Cubillas dibúxase como un gran piar que cae sobre o val e que se recolece perfectamente desde a vila. A vía, aberta en 1975 por José L. García e Candido Álvarez, foi "actualizada" con algúns pitóns nas reunións que se atopan en boas condicións, os que encontraremos nos longos seguen sendo os orixinais e teñen un estado bastante discutible pero friends e entaladores permitennos escalar con bastante seguridade. O acceso fixémolo por un diedro na parte esquerda do espolón (entrando ao mesmo por unha canle herbosa da parte dereita que se fai en zapatillas), o longo chave é o L3, con pitóns pola esquerda que se poden obviar se continuas polo offwidth protexéndote con friends grandes. Ao final do espolón hai como 100 mts andando para rematar facendo un ultimo longo de IIIº (en zapas) polo que accedes ao cumio, sen este longo parece dificil chegar á baixada que se fai continuando toda a aresta que nos deixa no val de subida.
 |
| Adri e mais eu escalando o L2 (IV+), precisoso lugar. |
 |
| Adri colle a corda e coñeza o L3 (6a+ en fenda ancha) |
 |
| Adri máis arriba antes de acceder ao offwidth |
 |
| Os meus compis saindo á parte superior do espolón (Vº) |
 |
| ´Despois duns 100 mts andando hai que facer un longo de IIIº para acceder ao cumio. |
 |
| Na cima da Barragana |
 |
| O bosquexo que coñeciamos do artigo sobre Penas de Prao no Desnivel nº 152. |
 |
| O bosquexo que fixemos. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario