mércores, 28 de setembro de 2022

Torre de Marboré (Norte): S.I.D.A. Vertical + Ravier-Dufourmantelle

O circo de Gavarnie é un dos lugares de montaña máis bonitos e salvaxes que coñezo, escalar neste contorno tanto en inverno coma en verán é un privilexio único. Nunca trepara na norte da Torre de Marboré, a súa situación fai que sintas o precipicio enorme que se abre baixo ti, eses 1000 mts que forman os tres muros do circo, coa gran fervenza surtindo a sobredose de natureza pura. As cores e a beleza que te rodea achegánseche coma un mumurio nunha selva de caliza onde o vento fala de pireneismo en estado puro e as nubes, amigas inseparables, contan contos de xestas alpinas, de grandes escaladadores que navegaron estes mares e descubriron os seus camiños de dimensións descoñecidas e aventuras aladas.

Duas vías imprescindibles e cada unha co seu soffware, dúas belezas pero que hai que acariñar con diferentes tratamentos, finura e sutileza nunha e carácter e oficio na outra. A S.I.D.A. Vertical é a finura, a beleza, unha placa perfecta, practicamente equipada mais con marxes impropios da deportiva pura e dura, porén obriga o xusto para pasar sobre 6b. Friends ata o Nº2 por iso de que o L1 coincide coa Ravier e por meter algún micro entre chapas; bo bosquexo de Albert Salvadó aínda que agora mudou algo o final, os dous ultimos longos fanse nun só e hai reunión ao pé da liña vertical para rematar a vía, vese perfectamente, só hai que seguir as chapas.

A Ravier-Dufourmantelle é outra marabilla, que neste caso hai que tratar con oficio e certo caracter. Se a outra é a bela esta é a besta. Unha clásica aberta en 1956, brutal... Jean Ravier e Claude Dufourmantelle, historia pireneista que te deixa coa boa aberta, hai que escalar moito para saber canta sabiduria, paixon e mentalidade indestructible lle hai que botar para subir por aí a primeira vez. Sen resultar dificil cómpre negociar con rocha menos boa, material emprazado que hai que avaliar e coa obrigatoriedade de 6b/6b+ se facedes en libre o L5. Bosquexo impresionante do Luichy, e déixovos outro do libro de topos do refuxio ao final.

L3 da SIDA, 6c finooooo. Este e o seguinte son os máis difícilies.

Manu continúa apretando no L4, un 6c+ coa saída da reunión ben apretada.

Miguel comezando o L5, 6b, co terceiro muro de Gavarnie por baixo.

No L9, outra beleza, 6c.

Último longo, tamén ben bonito, algo de auga e rocha discreta que hai qeu avaliar

No refu, moi bo rollo, e atopámonos con Maria e uns colegas franceses que ia arranxar L´Enfer des Mickeys

Xogamos na Ravier-Dufourrmantelle, este é o L3 (para nós L2), 6a+

Na R3, visto desde a R4, que é común coa SIDA

Miguel comezando o L4, unha trave de rocha discreta ben chula, V+.

Miguel de novo, agora na bavaresa do L5, 6b+ bastante obrigado.

Foto nese longo que nos fan os colegas, he he

No L6, que había que negociar por esa cheminea, 6a.

Os nosos colegas franceses traballando na L´Enfer des Mickeys

O L7 vai a 60 mts en trave con rocha mediocre, V/V+

Saindo da cheminea interior, curioso longo de espeleo, he he, IV+.

Miguel comezando o diedro do L9, Vº. Ao final hai unha repisa enorme onde atopamos 2 chapas de reunión.

Manu colle a corda para sacarnos do muro, L10 e último por que logo sairíamos pola esquerda (hai un corto muriño do V+ pero estaba moi mollado e era escaqueable, he he.

Regresando ao refu polo paso dos Sarrios, ao fondo a brecha de Roland


O bosquexo que había no libro do refuxio

Uns días fantásticos, un pracer amigos!!


 

3 comentarios:

  1. Lugar tan singular, vías y ambiente majestuosos.
    Seguro que habéis gozado.

    Por cierto, ¿comentas que estaban reequipando L'Enfer des Mickeys?

    ResponderEliminar
  2. Siiii.... ya te digo! una gozada escalar en este altar! Si, la L´Enfer des Mickeys la están arreglando, estaba un grupo de franceses con Didier (que decia que se les habia ido un poco la pinza en la apertura... he he). Cuando la acaben quedaron en mandarme el crokis... se que volvieron otro día pq me mandaron alguna foto pero pienso que aún no acabaron, en fin... si me hago con el te lo envio. Un abrazo!!!

    ResponderEliminar
  3. Me comentan q tienen q volver a escalarla y despues sacarán el topo!!!!

    ResponderEliminar