sábado, 8 de outubro de 2022

A Peneda: Directa de los techos

A primeira vía aberta na Peneda (parede da Meadinha) en 1972. Xesta impresionante para a época de Santi Sualonso e Antonio Dourado, que aínda hoxe mantén todo o seu carácter, brutal! Escalar na Peneda é sinónimo de vías con personalidade, talvez debido ás aperturas que realizaban estes persoeiros, botándolle moita paixón, moito oficio, e acadando novos fitos para a escalada ibérica. As clásicas da parede da Meadinha son recias e as vías máis modernas seguiron este espírito, mantendo unha escalada moi particular, e de calidade, nunha parede de gran beleza e estética.

Repetir a Directa de los techos despois de igual 30 anos ten algo de morbo... daquela sufrín o meu e desta igual, literalmenete arrastrado por unha clásica en toda regra. Día de calor deste inferno eterno. A vía busca sempre as debilidades da parede en forma de fendas, meténdose orgullosamente pola liña natural que cruza todo o escudo esquerdo da parede. Teremos que traballar desde entalamento de dedos ao off-width, pasando por maos e chemineas,... como en todo bo granito o corpo enteiro buscará a elevación, cómo subir un pé, cómo gañar uns centímetros co ombro ou cómo conseguir esa oposición necesaria que nos permita superarnos un pouquiño máis, un equilibrio completo de corpo e mente. A vía pode facerse toda en libre excepto o teito do L4, aínda que se liberou en 7b, mais paréceme extraterrestre (só para os fenómenos deste tipo de escalada). Déixovos un bosquexo de como a vimos nós, e un enlace a unha ficha excepcional sobre a vía de noroestetrad. Espero que vos sirva...

Victor iniciando o L1, 6b... as silvas que vemos obrigaban todavía máis o off-width final deste longo

Outra visión do final do L1, as silvas e a terra non te deixaban coller a fenda da esquerda ata o final, había que entalarse!

De novo o meu compi agora no L2. V+, eu nunha reunión incomodísima... non entendo por qué no reequipamento non se puxo na repisa que hai 2 mts á esquerda (así tamén se evitaba a R3 colgada baixo o teito)

No inicio do L3, 6a+, xusto embaixo dos meus pés hai repisa... e poderíase saír directamente á reu que hai enriba do teito, evitando así unha R3 baixo o teito colgado como un chourizo. En fin... con todos os respectos para quen a reequipou que bastante fixo!

Victor de novo, agora no bonito diedro dese L3, eu colgadisimo na R3!

Pedaleando no teito do L4, coido que chega con un estribo. A1/6a+. Costa incorporarse á fenda superior se non te subes moito no pedal.

A parte superior do L5, 6b, a min pareceume un off-width máis dificil no inicio do longo, principalmente co calor que fixo ese día que iamos tostados!

Venditos cacharros grandes... he he, un pracer compañeiro!


O bosquexo segundo nos a vimos!

2 comentarios: