Seguimos
na Peneda. Esta parede ten algunhas das xoias de granito da
Península, con longos de gran calidade e tamén con historias de
escaladores recios, de contos ao pé da lareira e das fantasías
propias da vanidade de cadaquén. Hai moito traballo para escalar
graos duros nestes muros insondables e deixar a pegada para as
xeracións vindeiras. Esta é a nosa historia a carón do lume, na casiña de madeira que rinchaba por todas partes, cáseque prende unha fogueira e arde enteira, he he. Nós iamos á Duelo ao sol, pero a ruta
estaba moi sucia (impracticable), e vimos unha estática no inicio da
Aplaudeme nena así que aló fomos, pensamos que mal sería
que coa estática non saíramos dese L1 que tiña fama de expo!!! Intrépidos e incautos!! Asi comeza esta historia de contos da lareira...
O
primeiro que descubrimos foi que aquilo era moi duro para nós, entrar por
abaixo co noso nivel de escalada a vista era algo delicado, por non dicir perigoso. Porén
tampouco entendín o concepto desta vía... na comodidade dos contos de lareira non dei entendido como se equipan vías
desde arriba e despois se “abren”, talvez o primeiro é “equipar”
e o segundo “escalar” (como foi toda a vida), “abrir” faise
entrando por abaixo. Os escaladores/as sempre o entendimos así… ou
pode referirse a deixar a vía obrigada e expo durante o equipamento
e a limpeza, para escalala con esa exposición (claro que, para os equipadores, a vía xa é
coñecida e está probada...), pero iso é “equipar”, non “abrir”,
e hai que agradecelo e animar que se “equipe” e se “abra”
máis, porén cómpre non confundir… Para “abrir” esta vía hai
que ser moi bo, escalar moi forte en placa de pitóns e ter unha mente indestructible.
Hai algunhas/algúns que teñen estes momentos na vida e hai que
sacarse o sombreiro con moito respecto. Como lle escoitei unha vez a un prolífico aperturista: "o que lle bota valor non é o que "abre" unha vía, porque usa os seguros que necesita para abrila... o que ten mérito é o que a repite, porque ten que subir cos seguros que puxo o aperturista". Pero sempre falamos de ir a vista, se ensaias estás noutra historia...
Finalmente fixemos a vía con algunha variante da Duelo ao sol, debido a que non eramos capaces de seguir no L4 que nos pareceu duro e cun factor2 evidente. Aquí estivemos a punto de baixarnos, pero decidimos ir á esquerda pola cheminea de Duelo ao sol (neste punto as dúas vías crúzanse), esta última para arriba seguía sucísima así que non viamos moita opción. Estabamos preparándonos para baixar, por segunda vez, cando se nos volveu a acender a luz... decidimos facer a travesía cara a dereita por debaixo do teito e volvimos á Apláudeme nena, evitando así a placa de factor2 do L4. Vou destripar como vimos nós os longos, porque isto non se ve no bosquexo que está colgado en meadinha.com…. e "vendita estática" senón non pasaríamos do primeiro longo!!
-L1: Este longo orixinariamente chegaba ata o que agora é a R2 (actualmente foi dividido en dous, coido que ben feito!). Na laxe cutre do inicio puxeron un bolt, para chapar o segundo hai que subirse moito e se non coñeces o paso podes equivocarte e picar chan. Máis arriba atopas un teitiño onde protexerte ben, e unha fenda pola esquerda para subirte, pero a chapa da placa está fora do radio desta fenda (por 20cm), obrigándote a meterte pola placa (moi dura) e a voar sobre o friend que tes baixo o teitiño como a 2mts dos pés (duro e obrigado!) -se a vía fose "aberta" o natural seria ir pola fenda para superar o teito-. Despois por terreo máis humano ata a R1 (vendita estática senón non subimos…) Expo.
-L2: Precioso, o mellor sen dúbida. Empotre, fenda de máns que se pecha a dedos para chegar á reu por unha pequena placa de pitóns.
-L3: 6b, ou máis. Placa de pitóns que non se ven moi textados. Para chapar a segunda hai caída á repisa… algo expo.
-L4: Inicio nunha placa moi dura e expo, factor2 e repisa para chegar á primeira chapa e coido que antes da segunda tamen actúa a repisa. Expo. Nós fomos á esquera pola cheminea da Duelo ao sol (variante posible) e logo travesía á dereita para chegar ao teito que sacamos en A2 (pasando por enriba da placa dura), a saída do teito estaba sucia pero factible.
-L5: A partir de aquí á vía é máis humana pero segue obrigando. Este longo estaba coas fendas sucias pero fomos limpando co quita-entaladores, o Manu estaba titánico e saímos ben.
-L6:
Unha sección de repisa-herba e unha entrada polo muro baixo a pucha
desplomada que había que facer con oficio, despois o teito en Ae e a
placa superior vanse facendo mellor. Cómpre unha xestión fina das cordas baixo o teito porque non corren, tamén debido á situación da reunión anterior que esta desprazada, pensando en descender a vía non en ascendela.
-L7: A R6 é común coa Autopista e Duelo ao sol… A comezo deste longo hai unha placa de IV+, de uns 8-10 mts nos que non podes caer… a saída máis evidente vai buscar as chapas da placa superior e, despois da segunda, á dereita tes unha fenda cómoda ata o cumio. Arriba á esquerda vese outra chapa (coido que da nosa vía) pero está lonxe.
ASI FORON AS NOSAS IMPRESIÓNS DA VÍA… A HISTORIA DE “SOBREVIVINDO A APLÁUDEME NENA”… EXCEPTO O L2 A VIA TAMPOUCO É DAS BOAS DA PENEDA. PERSOALMENTE NON RECOMENDO A REPETICIÓN, A NON SER QUE SEXAS ALGO EXTRATERRESTRE, COLECCIONISTA FANÁTICO DE PLACAS PERIGOSAS... OU HAXA UNHA ESTATICA, HE HE. Unhas fotos...
Comezando o L1, atención porque se pode picar chan antes de pór a segunda. Vendita estática!!!! |
Os meus compis nese precioso L2. Fenda marabillosa! |
Manu no noso L4 variante, común con Duelo ao sol, para poder salvar a placa difÍcil na que non viamos maneira de chegar á primeira chapa. |
Manu desfacendo a trave cara a dereita ata o teito fendido que subimos en A2 (estaba sucio). Por baixo de Manu a placa dura que case nos bota para embaixo |
A parte final dese longo despois do teito, tamén sucio pero pasábase. |
Manu no Ae, aquí había que xestionar moitísimo as cordas para que non rozaran, a placa superior debeu ser horrible para o noso compi polo rozamento. |
No último longo que xa coñeciamos... nesta plaquiña inicial non caias! |
Un pracer camaradas!! |
Como sempre na Peneda fago un pequeno bosquexo porque os de Meadinha.com, ás veces, non contan moito... ou non están actualizados... este é un deses casos! |
Hola
ResponderEliminarHola na Via apláudeme nena eu non estou dacordo no primero lance te colaches equipamento flotante na entrada metese na fisura horizontal un cacharro 0,50 antes do primeiro seguro y entre o primeiro e segundo se mete outro así cubres as caídas a o chan das que ti falas e logo a escalar a xa debaixo do teito metese un 2 e te cubre a caída por ahí xa paxou xente en libre liberando o lance a parte darriba está sin mirar como facer o requipamento pero tendremos en conta as tuas visita
ResponderEliminarPoder ser... pero coido q non é evidente, ainda que o inicio non é o gran problema. A saida do teito natural pola fenda está neutralizada pola chapa a desmán e o friend do 2 que metes baixo o teito non evita unha caida expo. Talvez o noso problema e que non temos o grao para ir por placas obrigadas de 7a/7a+ a vista, como o factor2 do L4, con caidas perigosas. Temos q entrenar máis!!
ResponderEliminarA via está en requipamento e limpieza y si ves unha corda fixa xa che esta decindo algo non te metas ?????
ResponderEliminarPois si... niso tes toda a razón... pero paseino ben, aínda que subimos de casualidade, tamén me sei baixar de vías e coñezo as "chapuzas da evolución", por iso me mero onde considero e valoro, cando coido que é preciso, con respecto e criterio aquilo que vou atopando.
ResponderEliminarPorque a vía non é nova. Seica foi equipada en 1984 e... ¿aberta? en 2008?? e cando puxen esta entrada no blog (2022, momento da vendita estática) foi encadeada. Demasiada info para min... cando estea reequipada saudarei a nova información e se podo volverei a subila... ou a baixarme se non podo subir! Só hai dúas leis que moven a escalada no mundo: honestidade e humildade.
ResponderEliminar