De volta por Montrebei, esta vez co ENAG, unha reunión que xa se está convertendo en clásica e que sempre gozamos pola experiencia que supón escalar neste privilexiado escenario. Alén dun lugar escepcional, con escaladas de características diversas, dependendo da zona na que escales, e cunha visión do contorno particular que nos envolve coa súa maxia... desde hai anos, co permiso dos camiñantes urbanitas de consumo naturista, turismo de monte que pasa deixando a súa pegada escandalosa e que o business ten en gran consideración. Somos moitos, afectamos... e consumimos...
A Parede de Aragón é moito máis ca Pilastra, pero as vías da Pilastra son música nos oidos de quen escala. A vía De los Niños é outra máis das que se accede por arriba, inconfundible pola gran fita de pedras que sinala o rápel e pola cova Vicman que te sitúa na parede no primeiro rápel. Son cinco longos que parten dunha zona herbosa, buscando pontes de rocha e algunha chapa, no L2 nós fomos á reunión do rápel (coido que equivocados) o cal te obriga a facer unha saída da reu (inicio do L3) bastante expo, este L2 mellora en calidade ao primeiro e a partir de aquí a vía é moi boa, o ultimo é excepcional pero hai que apretar. Atención ás restriccións deste ano an Parede de Aragón. Unhas fotos...
|
Josito iniciando a vía entre os matos, buscando os seguros e a zona máis limpa, 6a.
|
|
No L2, 6a+, aquí é onde creo que nos equivocamos, penso que a vía segue para arriba en vez de vir á reunión, non a vin pero sospeito que na cima desa entosta debería haber outra reunión.
|
|
Josito comezando o L3, 6c+/7a, cun inicio ben picante, principalmente se facemos reu nesta que nós cremos é a de rapelar.
|
|
Unha placa ben bonita! |
|
|
O mesmo longo visto desde arriba, o seguinte sacanos por unha fenda e unha placa de buratos ben bonita. Coido que o Noguera estaba baleiro porque están cambiando todas as escaleiras (moi ecolóxico), que duraron 9 anos?? en fin... o de sempre...
|
|
O meu compi saíndo ca cova Vicman. Hai de todo nesta cova... e no maletín dos recursos... a Victor "Salla" mólalle deixar estas sorpresas nas súas vias, está moi currao... he he.
|
|
|
Josito enchúfase a vista o último longo, 7b, o longo é boísimo e Josito está inhumano!!
|
|
Desde arriba podiamos ver aos rapaces do ENAG na parte superior da Pilastra, no último longo de Puñalada Trapera
|
|
Bosquexo dos aperturistas
|
|
Enorme pracer compi!!!
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario