luns, 21 de novembro de 2022

Montrebei. Pared de Aragón: El Desliz

Seguimos pola Parede de Aragón. A percepción de espazo isolado que sempre houbo neste paraíso vaise perdendo pero segue sendo un lugar onde as fantasías comparten átomos coa natureza, a física do universo foi maxia no pasado recente deste contorno que, actualmente, se entrega aos pés do ser humano e arrastra o seu meigallo por unha pista asfaltada competencia da Deputación e cuns metros en terra ben pisada, esta parte sometida á orde de Medio Ambente, outra estupidez da administración tipo máquina, typical spanish nonsense! Organización humana para salvar a natureza que sempre se regulou por si mesma, outra mentira máis deste mundo de realidade artificial. Agradecer á xente do refu de Montfalcó o bo rollo e a excelente comida, así da gusto ir a un refuxio.

O Desliz é unha vía de grao cómodo pero non chega a ser unha vía pracer, con dúas partes ben diferenciadas e varias feixas que lle tiran continuidade. A primeria parte arrinca na fenda mesmo á esquerda da de Antiparkes (coa que comparte a R1), atención porque esa fenda esta moi rota en xeral, os dous longos que seguen son literalmente terra, pero están equipados adecuadamente, o seguinte (L5) é un diedro precioso, do mellor da vía. A partir de aquí continuamos por placas con franxas de rocha brutal, salientar a placa do L8 e a estupenda travesía do L9 e L10, unha gozada, para rematar noutra feixa superior, onde poderemos sair ao cumio andando ou facer un 6b final, que se resolve cun paso en placa fino, e nos deposita no alto do Montsec. Vexamos algunahs fotos.
A aproximación e o descenso son exerccios de beleza en Montrebei

Josito perségueme no L3, o do tubo, 6c

O L4 tamén de 6c, outra tirada literalmente de terra

O meu compi no L8, ben bonito e característico porque fai reunión na cima dunha entosta á que chegamos por un pequeno diedro, V+.

Outra visión dese longo desde arriba

O inicio da trave, L9, V+, precioso! como vedes o Noguera está seco, hai que baleirar o río para facilitar as obras da nova pasarela, outra desfeita!!

Adri, Jaime e Pablo séguennos pola mesma vía, e non perden o tempo!!

Josito continua a trave neste L10, 6a.

Adri saíndo ao cumio despois do último longo de 6b.

O Equipo no cumio, enormes!!!!

Este bosquexo non sei onde o pillei, tiñao no ordenador desde hai tempo, talvez sexa dos aperturistas... de todos os xeitos o topo ideal, tamén de Luichy, está na guía de Montrebei, publicación fundamental se queres trepar nestas paredes!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario