xoves, 2 de marzo de 2023

Peña Trevinca. Fervenzas do Lagunallo: Dry-tolos.

Escalar xeo en Pena Trevinca é un luxo para quen vive nesta terra falta de montañas salientables. As Fervenzas do Lagunallo, aínda que cada vez máis efímeras, son unha escola de xeo que non ten nada que envexar a outros lugares da península, todo tipo de fervenzas, unhas para iniciarse e outras onde teremos que facer bo uso da técnica para saír por riba, estas últimas concentradas no pequeno circo coñecido como O Fornón.

Este febreiro de 2023 a época de frío axudou a que se formasen as fervenzas, con moita auga debido á enorme tempada de choivas dos meses anteriores. Falando con Penín comezou a motivarme para abrir unha vía de mixto, e como é unha enorme persoa que caeu na mamita da hipermotivación meteume o demo no corpo, he he, deste xeito atopámonos alí Miguel, Ana, Manu, Aviño, Beni e Richar, recoñecendo o lugar para escalar un par de días, daquela caia moita auga polas fervenzas pero botámoslle o ollo á liña de mixto que queríamos escalar. Volvín con Ana e Penín unha semana despois e comezamos a equipar a que sería Dry-tolos, sabíamos da dureza da rocha, pero non contabamos que nos fundise as barrenas como se fosen de manteiga. Tivemos que volver uns días despois armados de brocas sen coñecemento (e de máis info sobre cómo traballar nesta rocha metamórfica extremadamente dura), tamén veu Toni, que é un profesional da imaxe, e que nos fixo unha gravación caralluda que podedes ver en youtube. Neses días subiu a temperatura e as fervenzas estaban desfacéndose, coido que fomos nas últimas pero a vía de mixto era a máis segura, foi un día perfecto, Penin foi a saco como sempre e encadenou o primerio longo (eu non o conseguín, e dinlle a saco, pero tiven que parar unha vez...), o segundo longo é fino ao principio pero ten menos continuidade, este longo supón unha saida perfecta como L2 para a columna de Fervenza Free. Equipazo  con Ana e Penín, motivación indestrutible e con moitas risas, un verdadeiro pracer. A vía esta equipada xenerosamente para que todo o mundo a poida facer, a idea era que servise de escola mixta, ou para trepar cando haxa menos xeo, e que fose segura para que todo o mundo se poida introducir neste terrreo. Déixovos cun reportaxe completo.
Podedes ver un vídeo-reportaxe que nos fixo Tony na vía, un profesional que fixo un traballo moi interesante.


Equipasoooooo

Penin probando o L1 de Dry-tolos.

Comezando a sección máis desplomada.

O dia de encadene!

Penín, nacido para escalar calqueira cousa!

Preciosa imaxe de Ana,  sempre a tope tamén!

No L2.

Saíndo á reunión final.

Ana comezando as súas andainas coa rocha e os pinchos.

Os catro xinetes ese día perfecto, Toni foi tamén parte do equipo!

Bosquexo de Dry-tolos e das vías do Fornón




2 comentarios:

  1. Bien bonito,
    y lo mejor: esa cara de felicidad con todos los compis abrazados

    ResponderEliminar
  2. Que bien lo sabes!! lo mejor siempre es como se comparten estas cosas!!

    ResponderEliminar