Este ano as fervenzas do Lagunallo estiveron animadas pola boa tempada de frío e as visitas habituais de fin de semana. O período longo de frío intenso e a cantidade inusual de auga fixeron que se formaran cousas que normalmente non se ven, como estiven bastante por aló deume para todo, algún día de indagación, outros facendo fervenzas que levaba moito tempo sen repetir... e animeime a facer un bosquexo coas vías e, con moito respecto, vou facer un pequeno relato historico do que eu puiden coñecer. O Lagunallo merece a pena para iniciación e para escalar xeo vertical e con carácter, unha xoia esquiva que cando se ilumina irradia a quen ten a paciencia de esperar e aventurarse nun terreo que sempre é incerto.
Hai maís de 30 anos que nos perdemos por este val enchoupado polo regueiro de Cuadro, alimentado polo lago glaciar denominado LAGUNALLO, situado ao pé das nosas fervenzas. Foi en febreiro de 1991 cando José Carlos Iglesias e Ramón Melón, xunto con algúns colegas, comezaron a escalar as fervenzas maís verticais. Previamente algúns membros do Club Alpino Manzaneda, e do club do Barco, tiñamos escalado a barranca fácil do lugar (Pidenos permiso), pero non dominábamos a técnica para meternos noutras fervenzas da área. A zona fora descuberta por Quico e Antón, coido que 1988, e o ano seguinte Alejandro Carrreño fixo a primeira de Pídenos permiso, foi o 12 de febreiro de 1989; lémbremos que daquela o frío era máis constante e estaban formadas practicamente todo o inverno. No ano 1991 todo mudou, estiven en xaneiro no lugar con outros compañeiros, onde coincidimos con Alejandro Carreño, daquela membro en activo da EGAM, que nos deu algunhas nocións técnicas de escalada en xeo, por entón os parafusos non eran como os de agora e había que colgarse dos piolets para meter os seguros. Alejandro foi o que avisou das posibilidades do lugar a Melón e José Carlos que en febreiro abrían Xelo´s Fiestra, inaugurando as fervenzas do Fornón (pequeno circo onde se atopan as fervenzas máis interesantes do Lagunallo). Ese mesmo ano, en marzo, durante os días de Semana Santa, fun con Elena ao lugar e atopámonos alí con eles, foron catro días fantásticos, acampados na zona comendo zancos de polo asados no lume; alén de adoptarnos como os ioguríns que eramos, eses días foron a miña inciación real e unha auténtica escola de escalada en xeo. Daquela abriron Fervenza Free, unha das xoias do circo, e non foi ata o ano seguinte no que se abriu Terminator 3, polos mesmos autores. Nos anos posteriores irían caendo o resto das fervenzas.
A última foi a historia de Artai. O outro día con Eloy fomos meternos nunha liña que enlaza resaltes bastante á dereita, subimos o primeiro pero non tivemos fociños de subir o segundo e enlazar con toda a parte superior que parecia interesante, en fin... fuximos como poidemos e escalamos esta liña faciliña que está á dereita da Terminator3, ideal para iniciarse nisto do xeo. Como non temos referencia de que se fixera antes puxémoslle un nome, se alguén xa subiu por aí e quere porlle un propio só ten que dicilo, de momento Artai... que ten 2 aniños e seica non para quieto!! Vexamos unhas fotos de hai moitos anos cando se abriron estas fervenzas, e outras desta última vía á que lle puxemos o nome do pequeno de Eloy...
Ramón Melón abrindo Fervenza free, pascua de 1991. |
Dúas fotos deses anos
Buah me han encantado las fotos, (ese pantalón de chándal) y lo de los parafusos de xeo! Saludos!
ResponderEliminarEn aquellos años ibamos como podiamos, tambien eramos más sufridores y más incautos, ha ha
EliminarOla Xosé, unha entrada estupenda que me trae moi bos recordos de cando eramos 30 anos máis novos.
ResponderEliminarA vía “Pídenos Permiso” abrímola (ao estilo antigo, sen coñecela e desde abaixo) o 12 de Febreiro de 1989 grazas á información de Antón e Quico que deberon descubrir As Fervenzas dá Baña (así as coñeciamos) en 1988.
O croquis e os detalles figuran no número 69 de revista Desnivel.
Cando chegamos a Baña, ao preguntarlle aos paisanos polo camiño ata as Fervenzas, incrédulos ante as nosas intencións, sentenciaron: “morte segura”, por aí non se pode subir.
Regresei ás Fervenzas varias veces para escalar outras vías e o 19 de Xaneiro de 1992 con Melón e José Carlos abrimos a vía Terminator (que na túa foto figura como Terminator3).
Apertas
Que bo... eu estiven con eles cando abriron a xelos e fervenza free. Que tempos ha ha, a terminator publicarona en desnivel como terminator3, asi lle puxen o nome?? A min tm me dixeron os paisanos q non foramos q aí qera morte segura, ha ha. Apertaaaaa
ResponderEliminar