Retomando o mundo blog, sempre me motiva, e repasando esta vía do Ponoig que impresiona polo tipo de rocha e polo muro que supera. Tiñamos unha desculpa para xuntarnos en Alicante porque casaba Julián, daquela era o momento de facerlle unha despedida roquera como se merecía, alí nos xuntamos con Diego, que viña de Dolomitas, e Mariano e Julián que sairon de Murcia. Só tres días de roca pero que ben me souberon... un pracer sempre compartir cos amigos...
A Orión é unha vía singular dentro do conxunto, e porén moi bonita, atravesa o muro vermello de aspecto gruyere característico á esquerda do piar da Café Licor, de rocha aparentemente cutre porén bastante mellor do que parece, alén de que ese muro tira de ti como se foses un drogadicto.... Os tres primeiros longos fixémolos pola entrada nova da Fisura Hermanos Gallego (tamén se poden facer os da Café licor) e, logo dunha travesía/descenso de matorrais, plántaste no xardín, debaixo da cova característica. O A2 do L9 creo que non existe porque se pode facer escalando entre chapas sen demasiado problema. Da vía dicir que algúns Ae se poden forzar, aínda que o inicio do L8 é de rocha moi mala e o último (L11) moi dúro, aquí sacamos o estribo porque as chapas están moi lonxe. Bastante equipada pero non a infravaloredes, ao final hai que escalar e protexerte. Penso que cun xogo de totems e camalots 2# e 3# teredes máis ca suficiente.
|
Foto modificada do Luichy, que tampouco aporta moito máis ca súa... talvez unha visión de conxunto aclarando as entradas
|
|
Mariano no L5, realmente o primeiro da Orión (Vº)
|
|
Diego, que está titánico, fixo o L5 saíndo da cova pola Quiero ser alpinista e enlazando coa R5 da Orión
|
|
Mariano de novo, agora chegando á R7 (6a+)
|
|
Chegando á R8 (Ae/6b+)
|
|
Julián comezando o L9, ata o teito escálase ben, alí estaría o A2 que nos fixemos con algún A0 (6b+/A0)
|
|
O meu compi comezando o L10 (6a+)
|
|
Ese diedro era chulo, e había que escalar... Por ríba Diego e Julian comezando o Ae super-extrapromado do último longo.
|
|
Ao día seguinte fomos ao Peñón, intentamos facer a Nueva Dimensión pero a rocha algo babosa tirounos para abaixo. Diego nese L1 (7b) que ten o paso obrigado na chegada á reunión... nin chegamos á reu, ten que haber mellor tacto que ese longo é poderoso.
|
|
Cambiamos á Mare Nostrum, que ten o L1 máis humano. Boa foto que me fan Mariano e Julián navegando pola rocha. Eles ian pola Anglada-Gallego
|
|
Con Diego, sempre enorme pracer!!!
|
|
Preparandonos para atacarlle ao xamón na casa de Julián, co vodorrio á vista!!!
|
La K me perdió por el puto infarto
ResponderEliminarAnimalico, he he
Eliminar