venres, 11 de xullo de 2025

Cueto Agero: La Vara

De novo neste espazo de montaña feito desde a casa, recordando que, cada vez máis, a liberdade é unha ilusión que saboreamos unicamente cando estamos preparados e na natureza, alén de sumarlle a compañía con quen a compartes. Outra vez polo desfiladero da Hermida antes de que entrase o verán salvaxe e as hordas de xente emocionada co período de vacacións e as fotos de móbil. Estivemos ben a gusto, aínda había treboadas que tiñan as paredes bastante molladas pero salvamos a semana cos estupendos muros de deportiva. Lugar máxico, con Miguel, sempre alegría e positividade.

Un dos mellores días Miguel tiña que ausentarse. Asocieime con Mario que andaba por alí facendo o TD2 de escalada e marchamos a facer esta vía do Agero, situada á esquerda de Salida Nocturna (creo que hai outra descoñecida entre as dúas). La Vara é unha vía cómoda de acceso e de descenso que busca as zonas máis limpas desta parte da parede. A vía é pouco obrigada pero hai que moverse adecuadamente, algún longo nos fará apretar un pouco e gozar dunha escalada de fendas interesante, salientar a escalada do L5 pero tamén do L6. Bosquexo excelente con toda a info de Fernando Zamora. Se queredes ir cómodos podedes repetir algún micro ou totem do 0,3 para o L5
 
Com Miguel, deportivizándonos
 
Mario no L1 de La Vara

De novo o meu compi, comezando o L4

Mario saíndo do bloque que inicia este precioso L5




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario