Outra vez argallando nestas lides de contar pequenas cousas. Esperando que algunhas sirvan para pasar o rato ou simplemente de arquivo das lembranzas de actividades que, por algunha cuestión, supuxeron un bo sabor de boca peroal, ou un encontro con persoas necesarias. A beleza e a fraternidade non son cuantificables pero seguen sendo a base onde se sustentan as cousas tanxibles, na Revolución Francesa sabian iso perfectamente cando nos deixaron para a posteridade o lema Liberté, Égalité et Fraternité, vai ser que as cousas inutiles son a base do significativo, o importante será pois o que sentimos se nos permite achar os feitos que nos definen. Velaí o porqué de seguir compartindo sentimentos.
Outra vez no Taillón, sempre con codicións aceptables desde que lle botamos a primeira ollada ao inverno. Esta vez pola Goulotte Quintana, un corredor moi interesante para iniciarse nestas lides, ao que se accede pola zona de baixada ao glaciar de los Gabietous, algo de xeo ata 70º, algo de mixto fácil, algunas reunións montadas, que cómpre valorar nalgúns casos, e algunas que montar ou reforzar... gozando dun corredor en todo o seu explendor, sen extridencias nin florituras, unha ascensión bonita e con aspecto de alta montaña, unha pracer de vía. Con Sabela e por detrás Manu e Victor, todos no cumio con algo de friaxe de nadal no corpo e vento que cortaba por onde pasaba. Bo bosquexo en Maniobras de Escapismo
|
Sabela ascendendo o corredorciño polo que se accede ao rapel de descenso, necesario para acceder á Goulotte Quintaña. Por enriba deste lugar, na vira de descenso, sede precavidos se hai posibles pracas de vento, podedes irvos abaixo cunha destas pracas.
|
|
De novo sabela nos inicios do corredor
|
|
Algo de xeo, algunas campas duras e algo de mixto, a protección nas rochas a base de friends
|
|
A miña compi noutra parte do corredor dandolle a estas linguas de xeo.
|
|
A montaña estaba chea destas formacións, similares ao que en serra Nevada chaman "lluvia angelante"
|
|
Sabela saíndo ao cumio, pensabamos entrar en calor ao sol pero ía un vento frío que cortaba.
|
|
Os catro no cumio, Victor fixose fan de Iron Maiden, he he. Un pracer compis!
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario