luns, 25 de novembro de 2024

Arco (Valle del Sarca). Monte Colodri: Mescalito e Giovanni Segantini

De novo arquivando cousiñas ao meu rollo, este é o único lugar onde alongo o tempo no monte. Desta vez o conto vai dunha escapada expres a Italia con plano B estupendo. Realmente iamos ir a Dolomitas, era setembro e normalmente son datas nas que se non vai frio vas as caras norte e se vai frío as caras sur. Pois non, porque caeu unha nevada de 30 cm e veu unha onda de friaxe baixo cero que nos deixou con caras de parvos. Mais o plano B foi bárbaro: Arco, lugar famoso por algo, cun clima excelente e con vías para todos os gustos, descubrindo un lugar boísimo para facer vías de rocha de todo tipo, cómodo e realmente precioso. Con Josete, Leo, Olarte, Pablo Santos e Pablo Velasco... un verdadeiro luxo!!! 

O monte Colodri está mesmo ao lado da vila, case podes saír andando da casa, e tamén mesmo ao lado tes o Rock Master Arco, que se fai todos os anos e co que coíncidimos, marabilla! A Mescalito é unha vía excelente (situada na parede do Colodri que chaman Rupe Secca), con algún longo do principio un pouco lavado, practicamente equipada máis dalgúns seguros mellor non caer; clásica entre as clásicas do val, aberta en 1982 por Renato Bernard e Renzo Vettori, se vas a Arco é unha das que debes escalar. A Giovanni Segantini é un pouco diferente, de corte moderno e hai que apretar máis, pero ningún longo ten desperdicio, as placas perfectas para apretar e escalar metros de beleza, moi recomendable. 

Arco, precioso lugar! Ao fondo o Lago di Garda

Bosquexo da Mescalito que se currou Pablo con todo o necesario (nós levamos do totem azul ao verde)

Pablo no L1 (6a+)

Este é o L2 (6b algo lavado e cabrón)

Precioso L3 qe se curra Pablo (6c)

O L4 sae cara a esquerda e logo fai unha escursión cara a dereita brutal (6a+)

O L5, utro longo chulo que coñeza nun diedro (6b)

Despois dun longo realmente memorable de 7a vén esta curta trave de 6a por enriba do teito e coa víla debaixo (6a), é o L7. O oitavo longo sácate ao cumio en 55 mts de V+

Xogamos na Giovanni-Segantini, outro bo bosquexo que se currou Pablo

Ese día fixemos tres cordadas pola vía, os nosos compis na R1 e comezando o segundo longo (practicamente dous 7as boísimos)

Boa foto que me fai Santos no L3 (cunha chegada á reunión que ben merece o 7a+)

O L4 era algo máis humano pero non por iso menos bonito (6c)

Coido qeu este era o L5 (6c+/7a)

Pablo Santos no L8, un 7a brutal con seguros alonxados e os cantos xustos para pasar, trátase dunha variante da Renata Rossi, con autoria nominal de Bassi e Mariacher en 1982. Unha marabilla!! Por detrás vimos toda a banda, he he.

Ao día seguinte facendo deportiva en Terre Alte, moi cerquiña de Arco e cunha vías excepcionais.

Todos os colegas máis uns compañeiros italianos, amigos de Santos, que nos levaron a este sector. Grazas por existir!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario