martes, 2 de marzo de 2021

Pena Trevinca. La Baña (Val das Fervenzas): Llongueradas

Algunhas alegrías deste ano particular, por chamarlle dalgún xeito, foi a onda de frío intenso que percorreu a península conxelándoo todo e deixando unha neve excepcional para o esquí. Non durou moito pero durante un tempo as fervenzas de La Baña, as de sempre, estiveron ben visitadas, moita xente coñeceu por primeira vez unhas fervenzas excepcionais que hai 30 anos que se escalan. A cascada da que falamos aquí sitúase no val da esquerda, no sentido da marcha, chámanlle "Val das Fervenzas", e ao fondo do val uns carteis sinalan "Circo Glaciar das Fervenzas". Por unha casualidade do destino Alfonso e uns amigos perdéronse por este val, no seu periplo para atopar as fervenzas do Lagunallo (as de sempre) fixéronlle unha foto a esta xoia... uns días despois Alfonso sacoume de paseo e fomos ver se estaba para trepar.

Llongueradas é unha expresión que xa leva tempo sendo unha icona, e máis na Coruña, e non vou ser eu quen o conte aquí, he he. A via é brutal... descoñecemos se alguén a escalou antes, se así foi que nolo digan que mudamos de nome!! A columna do primeiro longo estaba case sen apoiar e salvámola pola dereita metendo un pitón e un totem, o segundo fixo o longo da columna coa corda por riba libre de parafusos, e pasando por ela para que non se enterase de que subiamos, o resto da ruta faise ben, unha liña que non ten que envexar a calquera de Bielsa ou Izas. Pasounos de todo, algo así como se nos mirase un torto... esquecimos uns piolos na casa e pensamos que xa estabamos finados, pero fomos mirar e intentar sacarlle partido ao primeiro longo polo menos, ao final despois do L1 subimos escalando como puidemos, o primeiro con piolos e o segundo remontando a corda, fortuna total pero non quedaba outra... unha Llonguerada, he he!!

Nesta foto podemos ver onde se sitúan os dous vales. No LAGUNALLO, que é o nome que sempre lle deron as xentes de La Baña (de feito a lagoa glaciar que se atopa ao pé das fervenzas chámase Laguna del Lagunallo), esta o circo onde se atopan a Xelo´s Fiestra, Fervenza Free, etc... situado entre o Picón e o Camello (Acillino nos mapas). A súa esquerda está o VAL DAS FERVENZAS, e nun contraforte norte, baixo a "Loma del Verdugueo", atopamos Llongueradas, ben visible desde o camiño. Está ben sinalado na foto superior, mesmo marquei en vermello o atallo habitual para ir ao Lagunallo. 

Este ano, ao fondo do val das Fervenzas, á dereita, no chamado Circo Glaciar das Fervenzas, formáronse unhas cortinas de xeo na parte sur, estaban ao sol pero iso non intimidou a Adrian Álvarez, Adrian Copa e Jorge Smith para que as fosen escalar, seguro que ninguén subira por alí nunca, a liña que abriron xa nola contarán... aínda que Adri regaloume algunha foto que vos deixo ao final desta entrada, onde podedes ver a situación da cascada. Espero que a info vos sitúe mellor nesta zona e que veña frío para saír da neveira na que nos ten metidos o COVID este.

Aproximación a Llongueradas, ben visible desde o camiño

Alfonso saíndo da columna do L1 (5 X), eu saín á súa esquerda (na foto) pola herba (4+ R)

De novo o meu compi comezando o L2 (4)

O inicio do L3 (4), estaba fino para protexer pero había algunhas zonas onde se podia meter algún parafuso.

Alfonso no L4 (3), despois desta zona saes a unha campa de neve que te leva ao pé da columna do último longo

A pequena columna do L5 (4). A última reu faise á esquerda, nunha ponte de rocha que hai que montar

Asi a fixemos nós... O bosquexo, con toda a info necesaria.

O descenso. Hai que pasar a media ladeira unha barranca e baixar pola seguinte loma

Unha llonguerada!! he he, e un verdadeiro pracer!!

Aqui vedes as cortinas de xeo que estiveron escalando ao sol Adrian e os seus colegas, están ao final do val á dereita, no Circo Glaciar das Fervenzas.

Esta é a fevenza que fixeron

Aquí podemos ver a situación da súa fervenza no val



 

1 comentario: