Foi algún día de novembro, antes destas nevadas, coincidimos por acaso Pablo e máis eu nun tempo no que ningén apostaría por poder escalar, indecisa e aleatoria climatoloxía nun momento de realidade absoluta, no que agora claramente é pretérito, pero tamén foi comtemporáneo e dalgún xeito podería ter sido postmoderno. As consecuencias perduran simplemente porque ás veces o que che parece firme non o é tanto, hai que adaptarse á montaña, como na vída a aventura está aí ao lado e todo pode cambiar en segundos, hai que adaptarse e ver a luz e a escuridade como dúas caras similares, unha trae a beleza e outra o crecemento e o cambio, esa é a liberdade e grandeza das montañas.
Teño escalado varías vías no Taillón pero, por diferentes causas, nunca fora ao Corredor Central, e sempre me chamara pola foto da contraportada da guía de Francis Mousel: Pirineos: ascensiones en mixto, niene y hielo, preciosa e motivante, que invita a escalar esta vía. Subimos e zapatillas case ata o Porto de Bujaruelo, moi pouca neve en case todo o percorrido, o xeo bastante bo no corredor e só na baixada atopamos acumulación na víra que descende desde a forcada dos Gabiétous, o vento facendo das súas... a falta de neve levounos a facer un rápel polo corredorciño final que accede ao plató superior do glaciar dos Gabiétous, e outro máis desde o final deste plató (deixamos un pitón) para baixar ás rampas que te levan ao camiño do Porto de Bujaruelo, ao que chegamos xa de noite. Dous días despois na víra onde había acumulación desencadenouse a traxedía, unha magoa que finalmente aínda deberíamos agradecer por non ter sído máis grave. A montaña lembranos que somos varas moi flebles e que sempre podemos romper dalgún xeito!!! Finalmente coido que foron 12h, 18 km e 1800 mts de desnivel, boa rosca para comezar a tempada.
Xose soy Inazio Cinto me llamas cuando puedas al 616484825
ResponderEliminar