xoves, 10 de decembro de 2020

Riglos. A Visera: Popeye

Non sei que dicir de Riglos que non teña dito xa... estamos diante dun dos mellores sitios do mundo para escalar. Quen coñecedes ben Riglos sabedes que non esaxero, por algo é un destino mundial, por algo tod@s as persoas que escalan en calquera parte do mundo o coñecen, por algo ten algúns dos mellores longos que farenos na nosa vida. Ultimamente acostumado aos bordillos galegos entendo moito máis a beleza, a diversisón e o carácter dos Mallos, e a gran escola que son... entérrate nas súas formas e na súa rocha e gañarás tanto pracer como crecerá a túa alma escaladora rodeada do reino do desplome!!

A Popeye é unha vía moi continua, con longos que apretan e nos que hai que ir dinámico e solto de coco ás veces... en modo Riglos! Equipada por Toño e David no 2006, leva algo do estilo Toño nun par de sitios que te obrigan, porén é unha vía que se fai ben se estás de escalar en Riglos e nunca pasa dun grao obrigado de 6c. Persoalmente a sección máis dura é a que coíncide coa saída de De Naturaleza Salvaje, a Popeye xúntase para chegar á cima con esta vía xenial que abriron Maxi e Fernando (vaia tándem se xuntou...) xusto no paso duro de De Naturaleza..., e despois segue apretando polos desplomes ata a cima, ese longo da Popeye é bestial, igual que a saída de De Naturaleza Salvaje.
Meténdonos na inmensidade da Visera. Pablo comezando a vía, longo común coa Zuzen, 6b.

O segundo longo xa te mete en materia, ben fino e dificil de encadenar, 7a+

O L3 segue por placa desplomada e tamén hai que ir moi fino, 7b. Deixanos embaixo de onde todo desploma máis e os bolos se fan inmensos. Pola dereita van Toño e Alain pola Chinatown.

O L4 é todo canto pero xa levas tostada e desploma como o demo, 6c+.

O L5 sácate do desplome, 7b+, moi desplomado e todo bolos enormes ata que enlazas con De Naturaleza Salvaje, aí ponse fina e dura de sección case a bloque, e logo hai que aguantala ata arriba. Os brazos de Pablo colapsaron a uns metros do final, ha ha, que titán!!


A via é seguir as chapas, pero este bosquexo coido que é adecuado en metros dos longos e grao, alén de situarnos coas outras vías que están perto. Espero que vos sirva!!

 

Un pracer sempre amigo!!! 2 cordadas soas en todo Riglos, día de algo de frío e choiva na cima, pero que dia máis xenial... e ninguén daba un duro por nós!! ha ha.

Ningún comentario:

Publicar un comentario