En Riglos séguense escribindo liñas que aportan desde o punto de vista da escalada deportiva de longos e outras que, alén de aventura, precisan de coñecemento e moito oficio neste tipo de rocha... tamén as hai que aínda están pendentes dunha repetición e que impoñen moitísimo respecto. Por iso Riglos é unha enorme escola para curtirse como escalador@s, o número de vías é cada vez maior e hainas adecuadas a todas as motivacións e a todos os compromisos, desde as máis clásicas ata algunhas modernas, unhas fáciles e outras equipadas con longos aínda por encadear. Porén cómpre respectar os reequipamentos dalgunhas clásicas que pasan a ser vías de corte moderno unha vez retro-equipadas, talvez habería que cambiarlles o nome porque realmente estes reequipamentos crean de facto unha rota diferente a como era nun principio. Debemos respectar a historia desta enorme escola, en fin.... o conto de sempre.

A
Cacho Cacho é unha das de corte moderno que inaugura un pano do Cuchillo propio, aínda que proximo á
Xere Xandra, non cabe dúbida que, dada a cantidade de vías de Riglos, non lle tira carácter nin importancia a esta última, tamén se cruza coa
Filomatic no segundo longo facendo unha viraxe á esquerda. Aberta en homenaxe a Óscar Cacho percorre seis longos de grao bastante homoxéneo arredor do 6c, bonita e recomendable, soe facerse bastante e será unha das clasicas sen dúbida. Precioso bosquexo en
Encadenar o volar
 |
Martín comezando o prímeiro longo ao pé desta entosta, 6a+ |
 |
O L2 é de canto fino ata que comezas a pillar máis bolos, 6c+.
|
 |
Terceiro longo precioso e homoxéneo de conti total, 6c.
|
 |
No L4 a misma característica... pin pan, precioso tamén, 6c.
|
 |
Martin chegando á R5, outro longo ben bonito, 6c
|
 |
O último longo muda e lévate por unhas panzas, 6b+. Como vedes sombra case ata as 13h, xenial para o verán, só che dá o sol baixando pola Rosaleda (con corda de 80 mts mellor). Tamén se pode rapelar a vía á sombra cosendo algún seguro.
|
 |
No cumio do Cuchillo con Martin, sempre é un verdadeiro pracer compañeiro!
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario