Outra vez por Riglos, algo antes da onda de calor brutal que inundou Aragón este agosto. Ano de furgos e autocaravanas, de parques xestionados para acoller a marabunta e con regulacións para evitarla, multas por durmir onde sempre se durmiu e parquins enormes para acoller turismo de vehículo, ano de virus latente e máscaras, de lixo quirúrxico extendido por todas as estradas, de merda humana pegada aos papeis da cunetas e de consumo de montaña fácil... onde o teleferico te leve irmán!!... está claro que esta non é a cultura de esforzarse para avanzar.
Esta vez foi con Toño e Javi na Via de Verano, aventura aberta polas lendas da rocha Ursi Abajo e A. Peralta en 1964, aproveitando o recente reequipamento realizado por Álvaro Lafuente e colegas. A vía é de grado fácil pero non a infravaloredes, non é para todo o mundo. Na restauración meteron algunhas chapas en lugares concretos e equiparon as reunións, todo o demais segue igual: os pitóns maioritariamente orixinais, algúns en bo estado e outros que ao tocalos quedas con eles na man, e a rocha como estivo sempre, con alguns longos bastante delicados e con vexetación. A vía mantén a aventura e o sabor dos aperturistas e tamén certa exposición, principalmente no L4 e L8. A cheminea central é brutal e protéxese perfectamente. Rota para coleccionistas e escalador@s con oficio acostumados a esta rocha. Ao final das fotos déixovos o bosquexo de Alvarito, simple pero preciso e máis ca suficiente para repetila, tamén vos deixo outro que me pasou Suli, dunha repetición moi anterior ao reequipamento, para que poidades comparar e identifiquedes os longos que, sen ser dificiles, poden ser moito máis delicados e nos que hai que escalar con toda a atención. Espero que vos sirva...
|
Os meus compis subindo o L1, V+, trátase da entosta de entrada que nos deposita cerca da reunión da Misión Cumplida e ao inicio da Travesía do Bacalao
|
|
Comezando a "Travesía del bacalao"
|
|
Boa foto na mesma trave, L2, un pouco antes de chegar á reunión, V.
|
|
Algunhas xoias do camiño, pitón retorto e falcado ben curioso.
|
|
Javi no L3, 6a, este aínda se negocia ben, aínda que a rocha xa comezaba a empeorar. |
|
|
De novo Javi, sacounos a corda e púxose a tirar sen medida, chino-chano por este L4 realmente delicado e algo expo, 6a
|
|
Javi entrando na cheminea, brutal e fantástica, V.
|
|
Toño negociando outra parte de cheminea, V.
|
|
O L8 é outro dos ben cabróns, collemos a variante da dereita... para chegar ao primeiro seguro tes que botarlle morro por terreo roto.
|
|
O Greim traballando... desgrazadamente uns rapaces tiveron un accidente na Hechizos...
|
|
O bosquexo dos reequipadores, perfecto para seguir a vía sen problemas
|
|
O bosquexo que me pasou Suli, previo ao reequipamento e co que podedes comparar e complementar o estado da rota.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario