Cómo era o chiste ese multiétnico que dicia: "estaban un italiano, un suízo, un murciano e un galego e...", pois esta foi unha desas!! Diego chámame desde Dolomitas para que lles prepare unha semana de vacacións rochosas, quere visitar Rodellar, Riglos e Montrebei, eu encantado que tamén me teño que ir pondo as pilas, e como sempre se pode mellorar desde o sur anímanse os murcianos e mesmo se traen un xamón... iso é arte e o demais son contos!!! Os planos van callando e Diego preséntase con Luca, un suízo todoterreo co que xa compartíramos corda na Patagonia, e Albi, outro dolomiti-man máis forte có vinagre, e desde
Murcia soben Julián e Juan, que xa os temos medio adoptaos, he he, e cos que só coincidiríamos os primeiros días,
mais cando marcharon do xamón só quedaba o óso, he he, ás veces si que
gozamos!!
As dúas vías son magníficas mais completamente diferentes.
Globeros en Alaska non parece Montrebei... é a placa perfecta e de fendiñas moi finas, cunha rocha inmellorable e dunha escalada excelente, bastante equipada por ser placa pero sen demasiadas xenerosidades e co selo do autor, onde se pode protexer hai que facelo e nalgún caso toca pensar, unha pasada de vía que nos reconcilia de novo con iso da "arte de escalar", a única pega é que non teña sete longos máis! Levounos algo menos de catro horas. Sobre o material penso que con 4/5 entaladores pequenos (para o L3) e cun xogo de totems do negro ao laranxa (nº 2) é suficiente. Bo bosquexo de Albert en
ganxets.
Naufragos de soledad é outra historia, máis propia do lugar polo tipo de escalada de corte clásico que vai enlazando diedros, fendas e salvando teitos... para min a vía é unha contradición: digamos que non ten moi boa rocha en xeral mais hai tiradas moi boas, que non ten longos espectaculares mais vante deixando saciado, que non é difícil mais tampouco nada fácil, en fin... Montrebei 100%, probablemente unha das imprescindibles. A mellor rocha atoparémola nos longos abertos por Picazo e Porta que unen Nucleo Metálico con Le fil d´Ariadne, nos demais a cousa vai de cutre ata algo mediocre, pasando por delicao, algo sucio, algo herboso... toda unha aventura!!! O bosquexo de Luichy excelente na súa GUÍA do lugar, tamén podes encontralo polas redes, hai abundancia! Sobre o material dicir que, aínda que o bosquexo recomenda levar dous cámalots do 4, nós fomos só con un 4 e pasamos perfectamente, o único longo no que se necesita é no do offwidth, gardádeo para a parte final porque ao inicio da fenda hai outra fina á esquerda que nos permite protexer. A vía fixena con Diego nunhas sete horas, ese día Luca e Albi encadenaron a Incréduls no mesmo tempo ou algo menos, uns monstros. Vexamos unhas fotos, desgrazadamente non teño ningunha dos murcianos!!! en fin...
|
Luca comezando Globeros..., 6b |
|
No L3, 6c, talvez no que máis hai que pensar para protexer, Luca pasou correndo!! |
|
O L4 é outra xoia, 7a+, inicio fino e fenda superior de orgasmo. |
|
Este é o L5, 6c, agora é Luca o que chupa corda! e Albi pisándonos os talóns! |
|
Boa foto no L6, e seguimos gozando como ananos por ese pano perfecto de rocha, 7a. |
|
Por baixo Diego comezando o L5, hai outra cordada en Desequilibrio hormonal. |
|
Xogamos en Naufragos de soledad, Diego no L1, V+, vaia lixo de longo! alén de que hai que ir con coidado porque te podes mancar! |
|
Diego no L3, V/V+, penso que xestionando as cordas pode unirse co L2, dan voltas pero son moi curtos! |
|
O meu compi no L5, 6b, o diedro é dunha rocha esvaradiza curiosa e o teito cheo de caca de paxaro, todo vantaxes! |
|
Espectacular visión da travesía do L6, V+, a rocha é moi cutre mais hai bastantes pitóns! |
|
Estas fotos son caralludas, he he. |
|
A Diego tócalle apretar para encadenar esa sección no seguinte longo, unimos L7 e L8 (7a e 6b) que son a mellor tirada de toda a vía! |
|
O meu compi dolomítico non para de ser o obxectivo da cámara, he he, saíndo do offwidth do L9 (6c/Ae), agora a pitonisa cutre está ben protexida por dous bolts que hai algo máis embaixo. Este foi o único longo que non demos encadenado. |
|
Esta preciosa e estética travesía do L10 enlaza con Le fil d´Ariadne, 6b, e neste caso a rocha é boísima! |
|
O último longo (L12), V+, cómpre salientar o anterior (L11) trátase dun longo de 6b mais algo cabroncete, a rocha é delicada e hai que apretar! |
|
Diego e Albi despois de facer Globeros, uns titáns!! |
|
Con Luca, enorme!! |
|
Diego contento despois da Naufragos... na cima da parede de Cataluña e co Noguera detrás!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario