Outra voltiña por Peña Rueba gózando das "escaladas pracer" que nos ofrece este macizo de conglomerado próximo a Riglos, de moda ultimamente. Dúas escapadas rápidas, esta vez no Mallo la Mora, compartindo corda e risas por estas vías onde a seguridade se convirte en axioma e as apretadas entre chapas non soen ser obrigadas... a auténtica aventura neste lugar provén das pedras que che poden tirar as cordadas que se atopen por riba. Un día acompañei a Luichy e Toño, que me adoptaron, e outro encordeime con Martin, un pracer compañeiros!!
Son dúas vías divertidas e bonitas porén gustoume máis a
Directa. A
Bruno-Gaspar ten un inicio curioso e bonito mais logo a sección tumbada quítalle algo de interese, os longos superiores son os mellores, principalmente o penúltimo cunha placa intensa e unha panza onde hai que buscar o bo canto. A
Directa ten un inicio menos divertido e a mesma sección tumbona, mais logo comezas unha serie de longos moi chulos ata o cumio, principalmente o 6b e o 6b+, de grado cómodo e con ambiente, estes longos merecen moito a pena! O tempo está tolo, un día ía fresco de verdade e dous días despois iamos asados de calor, non hai quen o entenda! Bosquexos en
suenovertical e
Hocus Pocus. Unhas fotos...
|
Luichy comezando o L2 da Bruno -Gaspar, V. |
|
De novo Luichy... saíndo da panza do L5, 6a. |
|
Xogamos an Directa, Martin na rampa de IV que nos leva a parte superior, a máis bonita sen dúbida. |
|
Martin saíndo da travesía de 6b (L4), grao cómodo e non obrigado! |
|
No L5, 6b+, cunhas panzas desplomadas e bonitas que da gusto escalar. |
|
O último longo tamén é divertido, V+. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario