Sempre é curioso descubrir as rutas que imos tendo pendentes. Ás veces están aí polo seu carácter ou dureza, aínda que este non fose o caso, mais a débeda era enorme porque levaba aló desde 1957 e fora escrita en forma de xesta por Rabadá, Cintero, Montaner e Pepe Díaz, unha clásica auténtica que foi quedando durmida para min por varias razóns, mais principalmente por non darse a circunstancia. Quedo con Manolo que esta pasando uns dias de pascua coa familia, vai calor e acéndeseme a luz... Manolo tampouco a fixo... os astros están en liña, este é o momento!!!
A
Serón-Millán é unha magnífica ascensión clásica destes monstros, alucinante para aqueles anos. Con dúas partes completamente diferenciadas en tipo de escalada e equipamento, a cheminea superior foi reequipada en 2002 e faise só con cintas, máis a restauración da primeria parte, realizada en 2010, mantén certo compromiso e penso que con bo criterio. Cun xogo de Totems ata o nº1 e 4/5 empotras medianos protéxese perfectamente, grao cómodo pero atención á rocha na primeira parte (menos saneada polo paso das cordadas que a parte superior, que se continúa desde á
Normal do Puro en múltiples ocasións). Podedes facer só a cheminea superior, enorme, bonita e expectacular para gozar da escalada en oposición, mais penso que quedaredes sen descubrir completamente a esencia dunha clasica que se mantén, en parte, na metade inferior desta ruta. Magnífico bosquexo, descrición e historia da ascensión en
A0avista.
|
Manolo no L1, case todo en travesía, Vº |
|
O L2 segue mostrando rocha delicada mais vaise facendo, 6a+. |
|
Manolo segue chupando corda no L3, V+. Aínda ten os pés delicados para caer nunha repisa!!! |
|
De novo o meu compi acabando o L4, 6b. |
|
Estamos embaixo da enorme cheminea final, á nosa esquerda unha cordada na Normal de Puro |
|
O Puro desde a cheminea!! |
|
Preciosa cheminea!! |
|
Manolo cansouse de chupar corda e sacouma, he he, tirou para enriba disparao e meténdose entre esas enormes paredes verticais! |
|
E xa non me devolveu a corda, este é o último longo antes da cima do Pisón, 6a. |
|
Como sempre... enorme pracer compañeiro!!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario