Entre finais de febreiro e
primeiros de marzo, doce días que saben a pouco, principalmente cando o frío e
o xeo están en retirada, coma nós nos tivemos que retirar de varias fervenzas
por condicións. Un periplo descubridor, unha nova andaina por este precioso
país que nos mostrou as enormes posibilidades de escalada en xeo aínda que
cunhas condicións mediocres, un universo que acho ten moito por descubrir e con
múltiples posibilidades de novas aperturas, fervenzas alpinas de accesos case
imposibles, mares de xeo aos que compre aproximarse (sen helicóptero) e que
supoñen todo un reto para as novas xeracións mutantes, en condicións Noruega é
claramente un dos paraísos mundiales para os escaladores de fervenzas xeadas.
A nosa andaina comezou en Hemsedal, sempre nevando aos pouquiños
(3-5 cm
por día) e calor, viviamos entre os 4-5 graos e non xeaba nunca. Fixemos Grotenutbekken,
(250m-WI 5), boa fervenza que din é máis longa de Hemsedal, e co "tempo bruto" (como di Toño) fomos un día de investigación a Laerdal, onde atopamos fervenzas
alucinantes máis en retroceso, cos primeiros longos normalmente sen formar; as dúas
mellores que vimos con aspecto de poderse escalar eran Seltufossen (200m dun enorme muro de WI 4/4+, precedidos doutros 200m de barranca
de WI 3, ao pé da estrada e cunha pinta moi boa) e Kjorlifossen, alucinante fervenza! a mellor que vimos no noso
periplo (ese día fixemos a aproximación para ollar a columna inicial por unha
pista moi boa mais pechada a vehículos, 1,15h de pista sen mochila, ata o
inicio da fervenza serían un minimo de 2h con mochila, a columna de entrada
parecía gorda! A estratexia estaba clara, en Hemsedal tiñamos o muro de Hydnefossen (un
paredón impresionante cheo de diedros, coliflores e columnas, 160 mts
de alto e case outro tanto de longo, un lugar máxico para a escalada! subas por onde subas de WI5 a WI6 asegurado)
e en Laerdal estas dúas xoias antes
de marchar para Eidfjord. Ao día
seguinte procuramos unha pegada incipiente e subimos ata Hydnefossen, sempre nevando suaviño, o estado da fervenza era ruinoso, parecía xeo bo pero
as partes verticais eran barbas e onde asentaba a neve todo podrido, subimos
dous longos esperando que máis arriba estivese mellor pero nada, os crampóns ían
escorregando no xeo podre e os parafusos eran mosqueantes, un parecía bo e outro nin se sabía... en fin… vamos para
embaixo desde a metade da fervenza que aínda nos imos mancar! Co rabo entre as pernas e en retirada cara Laerdal onde nos esperan dúas belezas, a
temperatura era alta máis escalamos Seltufossen
cun xeo plástico magnífico, unha gozada. Entón esa noite Toño anúnciame que
ao día seguinte toca descansar, NON!! pois si! esa noite houbo tensión! non
había días para iso e para ir ata Eidfjior! en fin… finalmente non houbo
maneira e quedamos sen facer Kjorlifossen.
Camiño a Eidfjord vemos
colgando outras
fervenzas de acceso case imposible (en helicoptero) e nunha paisaxe
excepcional; cando chegamos ao noso novo fiordo
facemos unha indagación por Hjolmodalen e Mabodalen, vai demasiada
calor! no
val de Hjolmo hai algúns "monstros" magníficos pero sen formar os
primeiros
longos, só vemos unha fervenza como de 200m e 4/4+ en estado aceptable;
por riba
de Mabodalen pillamos unha cabana en Liseth e ollamos un montón de
fervenzas que se están
caendo, aínda que hai dúas que parecen boas, unha da parte norte do val e
outra
do lado sur (coa entrada desde a estrada vella, cruzando a ponte do río)
esta
última cun aspecto de fervenza-corredor pechado magnífico. Ao día
seguinte
escalamos a da parte norte do val (non sabemos o nome máis para nós
sempre será Pulp Fictión
porque vivimos unha escena de caída de pedras similar á que
lle aconteceu na peli a Samuel L.
Jacson, cando recibe un cargador de tiros sen que lle toque unha soa bala, a
Toño pasáronlle un montón de pedras rozando e non lle deu ningunha, e
estaba na reu sen casco! nunca vin a alguén pór o casco tan rápido! uff!
sempre gozando!), todo o día viamos
como do lado sur daba o sol a morte, á nosa fervenza corredor caéuselle
unha
columna que tiña na parte superior, mal asunto! Pola tarde fumos ollar a
outra fervenza que viramos en Hjolmodalen... vaites! caera media
cascada! menos mal que
non estabamos aló! Fuximos para Rjukan que aquí hai que volver outro ano con
friaxe! Por Rjukan tiñamos que pasar... eu volaba nun par de dias mais Toño quedaba dez
máis, mellor nun sitio “civilizado” onde atopar xente para trepar! Como nos
quedaba un día decidimos facer Juvsoyla,
WI 6, (eu xa a fixera con Matu no 2008... desde a estrada viase gorda). O
día
seguinte amence chovendo, si chovendo! en fin… imos mollándonos e pola
gorxa, desde a ponte de Vemork, as condicións son patéticas, todo son
coladas de neve papa enormes, moitas fervenzas que coñecía naquela
barranca
non existían, entramoslle a Juvsoyla pola dereita chovendo, mixto
delicado onde menos mal que Toño atopou un pitón, reu en rocha cuns
empotras vellos que aló estaban, axudados
polos piolos metidos na fenda, travesía por neve superinestable, xeo
patético,
barbas, cortinas e podremia onde caeu neve, volvemos recuar dun avalacov
que
alguén deixara posto, é o noso sino neste inverno noruego que parece
unha
primavera!! Esta é unha actividade na que hai que ser paciente, outra
vez será!! O día que saía para Oslo amenceu cunha boa xeada, espero que
Toño pille uns días bos, polo momento, uns días despois, voltaron a
Juvsoyla e escalarona, xa nos contará!
ALGÚNS DATOS DE INTERESE:
-Noruega é un país caro para nós, 100 coronas noruegas (Nok) andarán por 12 euros (unha birra no super entre 20-25 Nok)
-Hotel Fosshein, cabanas antes de Hemsedal, o mais barato que atopamos no lugar (550 Nok para dous)
-Guía de escalada en xeo en Hemsedal, de Bjorn Kruse e Forgen Aamot: Hemsedal Ice, Lucida Sans/Voluta Scrip Pro, 2012.
-Campo Base Nº 25, estupendo artigo de Dani Ascaso e colegas sobre a zona, principalmente Hemsedal e Laerdal.
-Pdf sobre escalada en xeo en Laerdal: Laerdal: ice climbing guide
-Campo Base Nº 25, estupendo artigo de Dani Ascaso e colegas sobre a zona, principalmente Hemsedal e Laerdal.
-Pdf sobre escalada en xeo en Laerdal: Laerdal: ice climbing guide
-Cabanas e apartamentos en Laerdal, no camping ao pé do
fiordo, a única opción que vimos na zona e a máis cara de toda a viaxe (695 Nok
para dous), hai máis cabanas pero están pechadas en inverno.
-Cabanas Liseth, en
Eidfjord, na parte superior de Mabodalen (por riba de Voringfossen), ao saír dos túneles vese o letreiro
desde a estrada, están novas e a prezo aceptable (550 Nok para dous, negociando
prezos!) Hai unha web: Liseth.no.
-Boa páxina web de escalada en xeo en Eidfjord: iceclimbeidfjord.com
-Boa páxina web de escalada en xeo en Eidfjord: iceclimbeidfjord.com
-Albergue do Jacob en Rjukan (Rjukan
old school hostel –así se chama no facebook-) o máís económico e moi bo
rollo (225 Nok por persoa). Un lugar interesante e que paga a pena visitar, é unha
casa amarela situada mesmiño antes da subestación eléctrica que hai á entrada
de Rjukan.
(En internet podedes atopar máis info)
Déixovos unha pequena montaxe de fotos da viaxe:
Espero que a gocedes!
VAYA CASCARRIONES CABRON.... YO NO HE PICAO MAS QUE UN POCO GURRUFALLA ESTI AÑO.... UN SALUDO
ResponderEliminarHa ha, pero te encanta ta gurrufalla!!! Si no paras cabronazo! aun salivo como un perro cuando me acuerdo d vuestas fotos en la Beyod!!! Un abrazo!
ResponderEliminarCada vez haces montajes mejores con las fotos y música... de las escaladas no digo nada, estás hecho un toro. El próximo año me vendría bien un viaje de estos antes de examinarme en Benasque....
ResponderEliminarEso lo vamos hablando pero... Ya sabes q yo si puedo repito, he he, aquí hay q volver q hai unos cascadones d vertigo! Un abrazo
EliminarMoi boa música, moi bo rollo.
ResponderEliminarTEXO
Oscar! Vouche contar un segredo: a montaxe das fotos hai q facela e darlle un ritmo pero o definitivo é a musica, con drive-by trackers sempre trunfas, ha ha, concertazo q vimos en compostela, non vin moitos nin parecidos desde entón, a ver se podo ir a fogerty, unha aperta e a ver se nos vemos!
Eliminar