Xa non lembro o número de veces que fixen esta vía, varias veces antes de existir a parte superior e unhas cantas máis desde que se abriron estes últimos longos que lle dan á ruta o selo de gran calidade. Sen dúbida a opción máis amable da cara sur do Pisón mais non por iso a ter menos en conta, boa vía con algúns longos de antoloxía, como o sétimo, e con algunhas panzas moi boas como a do L5 ou apretonas como a do L6.
Ese día fun con Kiko, un día invernal no que o sol quentaba abondo ata que chegamos ao último longo onde un vento norte nos fixo abrigarnos con todo o que tiñamos. Eu seguia probando o meu cóbado e comprobando que, despois dun tempo sen trepar, me costa quedarme das cousas pequenas, onde máis noto a falta de forza é cando teño que tirar de dedos, encadenei mais ao límite e coñecendo a vía, en fin... Para Kiko era a primeira vez na sur do Pisón e penso que a gozou tanto coma min, fixen poucas fotos pero déixovos con algunhas.
|
Kiko gozando dos bolos do L1, V. |
|
O segundo longo, V+ |
|
O meu compi segue pillando bolos no L3, 6a. |
|
Chegando á R6, é unha mágoa que non se vexan as panzas desde embaixo! Este 6c mellor un pouco pola esquerda! |
|
Na R6 atopamos unha femia de boitre chocando este ovo, cando me escoitou saiu voando do niño e deume un susto que case me sae o corazón do peito, andaba voando por riba nosa controlando o seu ovo! O muro que segue a esta reunión é o mellor da via, 50 mts de muro vertical e continuo de 6a+ fantástico. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario