Despois de algo máis de tres meses sen empolincarme a nada, mesmo sen achegarme perto de calquera cousa vertical, nin sequera resina, quedei con Jesus para ir probar o meu cóbado ao Cap del Ras, eu dicialle que buscara algo moi faciliño para que o "maldito bastardo" se fose adaptando e, Jesus, moi profesional, mandoume un taco de bosquexos nos que elixir, todos amables, e eu sozinho e con relixiosa meticulosidade decidín que a Redrum (murdeR) sería a adecuada e, aínda con algunhas molestias, a vía non defraudou, nin sequera ao "repunante" do meu cóbado. Para chegar ata aquí, espero que isto sexa o inicio do regreso, pasei por varios fisios que me fixeron de todo e, finalmente, acabei facendo unha tecnica chamada
EPI, recomendación de Manu e Penín, que din que é o mellor para as tendinites (rexeneración de tecidos...), en fin... en principio parece que foi ben, espero que nunca o precisedes, mais se se vos presenta unha carallada destas, preguntádeme que agora mesmo son unha fonte de información rebosante.
A Redrum é unha boa vía, típica desta parte do Cap del Ras, rápida, cómoda e bastante equipada, coa eiva da rotura de continuidade na segunda parte, como lle acontece a maioría das vías desta parede. Nós fixemos os seis primeiros longos en tres, cun pequeniño ensamble duns metros na terceira tirada, o primeiro longo é claramente o mellor e o máis continuo, na parte superior hai algunhas placas apretonas pero non son obrigadas, paga a pena levar un pedal para non penar no inicio do oitavo longo. Tedes un bo bosquexo e descrición en
escalatroncs. Imos cunhas fotos.
|
Jesus na fenda de inicio da ruta, mellor que comezase o meu compi que a min "iniciarme" nesa fenda que pintaba apretona dábame algo de medo! Finalmente era máis amable do que parecia! V+. |
|
De novo Jesus nese L1, o mellor sen dúbida! xestionando ben as cordas pode unirse co L2. |
|
A travesía do L3 é espectacular! Todo canto, V. |
|
E fotoxénica... |
|
Jesus comeza o L5 que unirá co seguinte, para isto algúns metros desta placa de IV farémolos en ensamble |
|
O L7 é unha placa de V/V+ bastante bonita |
|
Jesus artificializando o inicio do L8, sen un pedal hai unha gorilada! 6a/Ae |
|
No comezo do último longo, despois deste paso hai unha placa de 6a ben fina! |
|
O meu compi no cumio falando coa civilización, un imprevisto familiar arruinounos a carreira que pensabamos facer, para completar o día, pola faixa que cruza a parede... outra vez será! Alucinante visión ao saír á cima co paquetazo de neve de toda a liña pirenaica, neste lugar a visión do Pireneo é privilexiada! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario