Menos mal que nos queda Riglos... sempre haberá algunha vía para subir fuxindo do sol e aproveitando o pouco tempo do que gozo ultimamente. Como eu aínda non fixera a Vía del silencio tiven que procurar alguén que me acompañase, non foi difícil convencer a Toño que sempre está disposto mais, como é o inimigo número 1 do sol, fíxome madrugar abondo; así estivo ben, ata tivemos que tirar de forro nalgunha reunión! Boa vía para o verán na que a situación, entre o Frechín e a Visera, nos protexe do sol que só nos dará nos últimos longos!
A rota é moi boa, cómpre felicitar aos aperturistas (Picazo, Oliver e
Lucas, 1981) por descubrir todo ese sistema de fendas que se protexe con
friends perfectamente, alén de polo estilo de apertura, e ao Pirata
polo reequipamento que mantén o espírito orixinal da vía e permite subir
con seguridade, porén nalgún longo convén non relaxarse porque hai
lugares que manteñen certa exposición e onde non te debes caer. Nós
fixemos os catro primeiros longos en dous e coido que é boa idea, a rocha
non é a mellor da Visera máis penso que é aceptable, e mellorará co paso
das cordadas, e en canto ao material usamos un xogo de
friends ata o camalot nº3 (o 4 non fai falla), xogo de aliens e 3-4
empotradores medianos-grandes. Neste
enlace podedes ver unha pequena historia da apertura e do reequipamento escrito por Óscar Palacios, alén dun bo bosquexo... hai van unhas fotos.
|
O comezo e común coa Quinta Chimenea ata que a rocha se pon máis difícil e cambiamos á dereita cara a fenda, un pitón sinala o troco, V+. Unimos L1 e L2, este comezo é algo expo e pode estar mollado, principalmente se choveu días antes! | | | |
. |
Tamén unimos o L3 e L4, na foto Toño chegando á R4, a parte final do diedro do terceiro longo hai que apretala, 6b+ duro, estes longos son moi bonitos! |
|
Toño comeza o diedro do L5, 6b, este ano vai "sobrao"! he he, outro longo precioso! |
|
En acción nese mesmo longo, ademais de bonito está no mellor punto de vista para as fotos, he he. |
|
O sexto longo tamén é fantástico, 6b, aquí saímos das fendas para comezar a negociar panzas. Boa perspectiva do meu compañeiro e da cheminea que divide a Visera e o Frechín! |
|
O L7 sen dubida é o máis expo, vas dando grandes voltas para pasar as panzas polo fácil, mais deberás de protexerte con habilidade, Vº. |
|
O último longo tamén é algo expo, despois dos párabolts cómpre lazar un pequeno arbusto para protexer a saída, 6a+. |
Eres el puto amo de riglos, normal que te empates con el Homoriglensis y disfrutéis como enanos.
ResponderEliminarGracias Pablo, eres un amigo! Ya me gustaría ser el amo pero solo me subo por donde suben los niños, he he, los hombres se hacen cosas en las que yo me hago de vientre, he he.
ResponderEliminar