Tantos anos sen ir á Peneda xa me tiñan alonxado das sensacións que se viven escalando a parede da Meadinha, hai que volver e facelo máis a miudo! Este muro, modesto en metros, é unha das mellores tapias de granito que se poden escalar; case ningún longo ten desperdicio neste canto do norte de Portugal, placas equipadas nas que hai que moverse adecuadamente e fendas limpas onde apretar duro, alén dun factor psicolóxico que te acompaña en moitas vías... eses son os ingredientes básicos da cociña da Meadinha, e cargar con ferralla abonda sempre virá ben, principalmente aqueles friends con tamaños imposibles que odiamos colgar do cinto, agradecerás telos cando che toque apretar os dentes, he he.
A idea era outra mais cando todo se torce hai que procurar alternativas, ir ata a Peneda foi unha idea fantástica, ademais do pracer de volver a escalar con Diego e reencontrarme con Tino nunha parede. A
"S" é unha clásica entre as clásicas da Peneda, e é un título merecido, ningún longo ten desperdicio e a saída pola variante ata o cumio dálle carácter, ademais de ser un dos mellores longos xunto co segundo, ao que lle chaman 6b+, aínda que hai anos era 6c... o que está claro é que hai que apretalo, he he. Todos os bosquexos da Peneda tédelos en
meadinha.com, un exemplo de como facer guías de escalada sen editar libros e máis libros que, hoxe en día, son bastante pouco funcionais e terriblemente irrespetuosos con medio. Só me falta animar aos que non coñezades a Meadinha a facerlle unha visita porque merece moito a pena e estou seguro que non vos defraudará. Vexamos unhas fotos!
|
Tino comezando o L1, V+ |
|
Agora asegurándonos desde a R1 |
|
De novo Tino, comezando o L2 pola placa, a fenda estaba empapada, 6b+ |
|
Este segundo longo é fantástico, a fenda estaba moi mollada mais segundo se ían acabando os bos cantos tamén se secaba, é curioso como se usan os vellos buracos dos pitóns para apretar na fenda cega! boísimo longo! |
|
Diego saíndo da media lúa dese L2 |
|
No L3 por baixo do teitiño, 6a+ |
|
Tino e Diego comezando ese terceiro longo |
|
Diego no L4, pasada a placa vertical da saída da reunión, 6c. |
|
Tino apretando nas fendas superiores dese L4 |
|
Diego saíndo do último longo, 6c, unha fenda preciosa que supón a saída natural da "S"; por baixo o mosteiro e a aldea da Peneda. Teño que dicir que os meus compis son uns impresentables: os dous con cámara de fotos, véndome trepar por unha fenda preciosa, cunha perspectiva fantástica da fenda, ollando para min... e a ningún se lle ocorreu facer unha foto, había que colgalos dun mastil en alta mar!! he he. |
|
Os tres gozando do cumio, un pracer volver escalar con Diego, cada vez máis forte e con máis "tablas" e, por suposto, volver compartir metros de tapia con Tino, un titán en todos os aspectos! |
|
Non lembraba a baixada camiñando, un pouco cabrona, mellor usar a vira que sae á esquerda desde o cumio. A cima da peneda é un universo de bloques que se pilla algún que eu me sei... bonito lugar! |
|
Un pequeno bosquexo co material que considero adecuado para os mindundis coma nós... aínda que se vas forte sempre podes alixeirar peso! |
jeje, pagará a pena subi-la colcho ata ahí enriba?
ResponderEliminarunha aperta, xosé, alédame ver que sigues disfrutando da rocha pese á calor!
nós agardando con ansia que chegue o outono, jajaja
Luis.... pois pensei en ti cando vin ese universo bloqueiro, seguro que sen explotar! calor si pero con fanatismo vaise andando, he he, aqui sigo esperando que me a pasar frío e a agarrar os bloques polo lado malo!!!
ResponderEliminarNon sei se vale a pena porque ata a arriba de todo hai unha boa pateada e habería que mellorar o camiño que é bastante cutre, porén ao pe do camiño de subida á presa xa hai moitos bloques que poderían estar ben, alén de que todo é ir entrando nunha zona para sacarlle o zume, he he, un paseo familiar e fotográfico podelo facer, que o sitio e chulo, e mirarlle as posibilidades!! Outra historia é que está a algo mais de duas horas....
ResponderEliminar