Soben os murcianos, Julián e Perico, dinme que busque algo interesante para trepar e eu curro pola noite así que... algo rápido e con efecto como unha Ravier, fácil e bonita alén de estar situada nun lugar paradisíaco como o Midi, todos os astros en liña e finalmente tamén se apunta Ángel que está coa familia na casa de Martin e fai un escaqueo expres. Xa estabamos dúas cordadas así que máis non se pode pedir!
A via é bonita e rápida, se se fan só os sete primeiros longos e se rapela, o cal parece ser bastante común, o
Bosquexo do luichy como sempre inmellorable, tamén para baixar da R7, salientar ese último longo de 6b porque é unha beleza onde gozar da escalada e da autoprotección de friends e empotras, por ese longo paga a pena a visita, déixovos cunhas fotos.
|
Ángel atacando o L1, un diedro ben bonito, Vº. |
|
Julián nese mesmo longo, unha gozada!! |
|
Ángel na travesía, 6a no que cómpre minimizar a posible caída, principalmente do segundo. |
|
Despois dalgún longo de transición aparece outro ben bonito de Vº, Julian trepando asegurado atentamente por Perico! |
|
O sétimo longo é unha pasada, dos bos longos que se poden trepar no Midi, Ángel dominando a materia desa fenda preciosa! 6b. |
|
Perico apretándose con sutileza ese bonito sétimo longo |
|
Os meus tres compis co Midi ao fondo, aínda había bastante neve na montaña! Como sempre un pracer compartir vias convosco. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario