sábado, 23 de marzo de 2024

Áger. Cap del Ras:Tope Clasic, Esperó Badalona, Esperó de les colobres e Esperando el parche de morfina

Uns días por Áger, con Ana e Miguel, gozando so sol da parede do Cap de Ras neste inverno atípico de calor e sequía, con versión tropical no noroeste, calor e choiva ata afacernos inexorablemente á resina como único escenario para despezar a mente, alén das escapadas, fuxir do mundo moderno, das súas comodidades e das tolemias, cada día máis extendidas, como se habitáramos nun estado de "inferno estupido", somos nós, o pobo, canalizando a nosa insatisfacción en contra dos nosos propios intereses, a incapacidade para sermos felices e a rabia, por ignorancia, levanos ao inferno por estupidez manifesta.

Na Parede de Catalunha frío asegurado e no Cap de Ras vías para gozar, temperatura ideal, a soedade necesaria e a mellor compaña. As dúas primeiras vías Tope clasic e Esperó Badalona son de corte parecido, basicamente placas equipadas (bolts ou spits) bonitas para trepar relaxados, arranxarannos un día excelente, nas dúas vén ben unha estribeira. As outras dúas son semiequipadas e de corte máis clásico, moi ben vistas as dúas: O Esperó de les colobres percorre unha parte preciosa da parede, buscando as fendas e resolvendo unha vía bárbara sen apretar demasiado. A Esperando el parche de morfina vai tamén buscando o diedro evidente e as fendas, aínda que ás veces salta para a placa, pero pareceume a mellor de todas, e talvez a máis obrigada tamén, con algún largo de infarto para gozar como o terceiro e o diedro-bavaresa que remata a vía. Bosquexos no libro de Luichy e tamén atoparemos algúns por internet.

Ana no L2 da Tope Clasic, 6a, talvez o mellor longo

Agora no L6, despois da feixa, moi bonito tamén, 6a+.

Cambianmos de vía, Miguel facendo o cruzaito no inicio da Esperó Badalona, a entrada é moi dura (6c+/Ae)

Iniciando o L3, precioso espolón, 6b.

Unha estribeira mola para saír do teito, L4.

No L5, outra placa preciosa, 6a
Xogamos no L3 do Esperó de les colobres, V+.
O L4 é un diedro precioso, 6a


Ana resolvendo o L5, cun pasiño de placa curioso, 6a+

Miguel no último longo, outra fenda de infarto, 6b

Iniciando Esperando el parche de morfina, V/V+

O L2 había que buscalo un pouco, 6b+

Comezando o L3, diedro brutal, 6b

Outra visión do mesmo longo desde arriba, boísimo.

Miguel agarra a corda no L4, por riba del hai un paso obrigado e nada fácil, 6b

Continuamos por placas no L6 ata a faixa superior, 6a+.

Despopis de desprazarnos moito a dereita mereceu a pena... este último longo é fantástico, 6b+.

Outra foto saíndo desa bavaresa invertida, ata aquí mola traer un 4#, he he.

Con est@s compañeir@s podese ir ao fin do mundo, un pracer, grazas por ser tan auténtic@s.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario