Escalar na Cinglera dels Esplovins é un luxo, alén de sermos de lonxe, porque hai que buscar o momento. Paredes brutais nun contorno precisoso, unicamente mitigado pola estrada, regado por vías de todas as características e con certa sensación de illamento, con accesos para ir coñecendo e descensos relativamente longos, en fin...o conxunto de escenarios que que nos move polas montañas e que chamamos alpinismo. Só compre buscar o momento, moita calor no verán e frío intenso no inverno, hai que buscar veraniños invernais ou aproveitar a primavera ou o outono sempre que non nos bata o sol moito. Con Miguel, mellor compaña imposible!!
A
Je´le Truvé está na parede da Cascada, un dos muros estrela da Cinglera de Esplovins, e ten fama merecida porque a vía é moi boa. Case todos os longos teñen algo que salientar e ten a comodidade de que escalamos con bolts, excepto no L8 e ao final dos L6 e L9 (cunhas poucas chapas máis arranxaríase o tema de levar os friends??) e benvida sexa a protección porque vas maioritariamente por placas. Aínda que o grao é duro non obriga moito, a realidade é que pode facerse toda en libre decentemente, excepto unha sección a bloque moi duro no L2 (un par de chapas) e outro bloque moi fino no L5 (unha chapa), constituíndo unha escalada sobre placa desplomada de categoría... Bo bosquexo, como de costume, de
RomanticGuerrer
|
Miguel comezando a vía (6a), muro brutal por riba!!
|
|
Ese L1 visto desde arriba non era tan de correr, he he. |
|
O L2 era moi bo (7c?), o meu compi apretando. Despois dese teito había un bloque ben duro.
|
|
De novo Miguel comezando o L3 (7a+), era bonito pero costaba porque tiña as chapas algo desviadas, tiñas que chapalas cando estabas por riba delas.
|
|
Coido que ao final do L4 (6a+)
|
|
O L5 (7b) preciosa placa!
|
|
Comezando o L6 (6c), aquí ao final metes algún friend.
|
|
O último longo (6a) cómpre negocialo.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario