Outra entrega por Alicante, esta vez no Puig Campana. Levabamos días pola zona e buscabamos algo máis curto para descansar o corpo activamente, marchamos para Finestrat na procura das placas e diedros desta rocha, colleita de bos anos e dos mellores caldos, alén de que a posibilidade de rapelar a vía permitíanos fuxir da canle de descenso e xestionar a paliza que sempre supón baixar do Puig Campana. Julián xa estaba connosco, ia cun colega murciano a escalar na cara oeste. Finalmente todos nos atopamos no parquing xunto á Font del Moli para seguir gozando das tardes relaxadas e de risas na compaña dos amigos.
A
Danza de la lluvia + Diedro de las sirenas esta un pouco á esquerda da
Diedros Mágicos é trátase dunha combinación natural que nos permite chegar áparte superior do Espolón Central, polo que se pode continuar ata o cumio, porén tamén podes facer tres rápeles desde a R8 que te levan a pé de vía. A primeria parte son placas bastante apretonas e logo pillas algunhas fendas ben bonitas para rematar percorrendo ese diedro final que é realmente precioso. A vía é moi recomendable pero algo máis picante do que parece sobre o papel. Bo bosquexo do
Luichy.
|
Josele nas placas apretonas do L2, 6b. A chegada á reu pareceume bastante máis difícil, estas reus iniciais son colgadas. |
|
Martin colle a corda e comeza o L3, 6a. |
|
De novo Martin, esta vez no L4, 6b+. |
|
No L5, preciosa fenda, 6a. |
|
Josele chegando á repisa da R5 |
|
Despois dunha zona de transición vén o último longo, L8, O Diedro de las sirenas, unha tirada excepcional, 6b. |
|
Ten un penedo empotrado que me costou máis chapar ca escalar. |
|
O animal vallecano agarrado á punta dese bloque. lorgo magnífico! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario