domingo, 19 de maio de 2019

Alicante. Ponoig e Tozal de Levante: Fisura Hermanos Gallego e Danza Invisible

Cada vez con menos tempo... porén volvo agarrarme ao computador para continuar argallando máis alá da subsistencia, é a miña forma de resistir aos praceres baldeiros cando non estou na montaña, o meu xeito de tapar os oídos, como a tripulación de Ulises, para que as sereas da mitoloxía non nos embelesen e rematemos no fondo do mar, do mar do mercado, na bolsa de lixo enorme que teñen preparada para nós. "Conquistar o Inutil" segue sendo a miña referencia e gústame compartilo porque penso que na rede temos a nosa resistencia, no feito de sermos un colectivo temos o noso raio de luz, no colectivo se constrúen os valores, aqueles imprescindibles para seguirmos sendo humanos, e humanas, con inquedanzas e rebeldías comúns. Permitídeme escribir, escalar, compartir... e revirarme contra o método seguro e as normas establecidas!!
Xuntarme con Martin e Josele (uns días despois viría Julián) é unha verdadeira irmandade, bo rollo intenso e gañas de compartir rocha e experiencias, mellor imposible! Dirixímonos ao Ponoig e fomos tachando... 
A Fisura Hermanos Gallego é unha clásica de 1977, impresionante escalada para a época! Foi recuperada hai pouco, busca a fenda entre entre a Orión e a Café Licor, e conta con dous longos novos que permiten o acceso directo á fenda, aparentemente peores do que son porque parecen cheos de matos e realmente non molestan nada. O resto da rota procura as zonas débiles da parede con excepcionalidade e non defrauda, actualmente bastante equipada con pitóns, pontes de rocha e bolts. Agradecer o traballo dos restauradores...  aínda que recuperar unha clásica destas coido que precisa de máis estudo xa que resulta curioso que non usaramos ningún marerial flotante, porén a súa escalada segue sendo moi interesante, recomendable e sen moita dificuldade obrigada, todos os ingredientes para que sexa das máis repetidas. Bosquexo ao final das fotos.
A Danza Invisible é outra cousa. Via de corte máis moderno que salva os desplomes do Tozal pola dereita, con algunhas panzas de artifo cómodo (sen pedal) e unas placas de antoloxía. A rota é parececida á Rockabilly, coa que comparte a preciosa saída, aínda que non sae tan natural como a esta; porén segue sendo unha vía moi recomendable. Bosquexo en elev-arte.
No L3, 6a, este é un dos novos (que nós unimos nun só longo de 60 mts) bastante mellores do que aparentan!

No diedro do L4, 6a+.

A placa do L5, 6b, excepcional!!

No L6, danlle 6c+ pero pareceunos considerablemente máis fácil.

Martin no L7, moi bo! á placa final danlle 6b+, aquí o grao está apretado!!

Algunhas das ferrallas do camiño!! Pitonitis!!!

Josele saíndo polo 6a+ da Café Licor, solución rápida e bonita para escapar do diedro da esquerda, polo que remata a nosa vía... pero non levabamos friend do 3 e queriamos saír da neboa fría que nos envolvía!!
O bosquexo que utilizamos, cos dous longos novos e acertadas anotacións dalgún repetidor!!!
Xogamos no Tozal de Levante, Martin ao día seguinte comezando Danza Invisible, os primeiros metros con coidado que están moi rotos, despois mellora, V+.

Martin comezando o L2, 6a+.

O L3 é boísimo, 6b+/c, placa co xusto para pasar!!

As panzas soluciónanse con bolts e algun pitón, iniciando o L4, Ae.

Foto que nos fan chegando á R4 desde o Ponoig.

Guapísimo, grazas polas fotos compis!!

Iniciando o L5, remate común coa Rockabilly. Eu darialle algo así como A0/6b (non obrigado) pero danlle A1.

Os tres xinetes chegando á unha reu no Ponoig. Enorme pracer amigos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario