Intentando que isto non esmoreza e retomando vida diante do computador... esta vez nunha vía pracer e nun lugar que cada vez me gusta máis. A miña concepción do Chorro mudou ultimamente, deixou de ser un lugar de escalada deportiva para convertirse en algo máis: unha auténtica escola de deportiva na que podes procurar desde certo carácter en tapia ata vías de aventura onde pór a proba habilidades máis complexas.
A
Mal de ojo é unha rota excelente e perfectamente equipada, vai na procura das placas grises que percorren este pano das Frontales e buscando a maior cantidade de metros posible na verticalidade. O L1 pódese saltar entrando pola dereita en zapatillas e o L3 comeza algo a bloque e pode collerte frio mais, a partires de aquí, a sucesión de longos plaqueiros vai de bonito a marabilloso, principalmente os longos 4-5 e 8-9, que seguen un panos de rocha inmellorable. Bosquexo perfecto na páxina de
bernabefernandez.
|
Titín comezando o L2, V+. |
|
De novo o meu compi, esta vez comezando as dificultades deste bonito L5, 7a. |
|
As placas perfectas do L9, 6c+. |
|
Outra no L9, para encadenar esta sección hai que ir moi fino!! |
|
Titín comezando o L10, 6a, despois deste longo e 50mts de terceiro chegamos ao cumio. |
|
No cumio e na mellor compaña!! Enorme Titín!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario