Excelentes vibracións neste primeiro contacto coas Alcandoras. Precioso lugar rodeado do contorno máxico da serra de Jaén, con sabor a Montrebei ou Cienfuéns no tipo de escalada e equipamento, probablemente unha das mellores zonas de escalada clásica de Andalucía e, sen dúbida, das paraxes de riqueza natural que a simple vista intúes en todo o que oculta. A riqueza desta serra mediterránea queda agochada baixo un pequeno bosque de piñeiros mais, logo, como inesperadamente, sentes o arrecendo do anís e levantas a vista, aparecen os segredos dos freixos e das aciñeiras mesturándose coas sabinas e os cimbros, e por baixo da tapia, danzando co vento, unha rapaz de cola branca na procura de comida, quen será? sen dúbida o señor do lugar xogando cos nosos sentidos e percorrendo os seus dominios... reclamando a súa presa! agochada a nosa vista de neón como tantas outras cousas que os forasteiros descoñecemos. Decididamente a beleza do bosque mediterraneo albíscase nos sentidos e ocultase ao entedemento!!
O
Pilar de Mª Luisa é unha clásica entre as clásicas do lugar, coido que é magnífica para un primeiro contacto e con algúns longos relamente excelelentes que, nunha sucesión de fendas e diedros, recortan a parte esquerda do piar característico. A vía é de grao baixo en xeral, o que non significa que estea fácil, e onde nos tocará xogar cos cacharros adecuadamente, sen correr e gozando das magníficas fendas que a percorren. Unha via recomendable e con algúns longos realmente bonitos, levade un xogo de entaladores, xogo de micros e friends ata o 3 (repetindo o 1 e 2). O bosquexo neste fantástico blog sobre as Alcandoras e a escalada no lugar:
alcandoras.blogspot.com
|
O día anterior Javi levoume aos Cahorros, que bo lugar!! |
|
Javi no L1 do Pilar de Mª Luisa, V+ que hai que facer!! |
|
O meu compi en acción no L2, longo precioso! e apretón, 6a+ |
|
No L3, despois da "placa del mogollón de la muerte" e antes de encarar esa cheminea, 6a+ | | |
|
O L5 é un pracer para os sentidos, fenda bestial na que metes de todo, 6a+ |
|
Na saída equivocámonos seguro... porque saímos polo lado malo habendo un diedro roto mais humano á esquerda, danlle V+ pero nos fixemos un dos pasos máis duros da vía... na foto Javi botando fume, ha ha... sempre gozando!!! |
|
Como mola ir ben acompañado de guías locais, he he, grazas Javi. A serra de Jaen detrás... un pracer para os sentidos!!! |
|
ALCANDORAS, un lugar para regresar sempre!!! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario